A BELEZA
Eu son bela, oh mortais! tal soño de pedra
e o meu seo, onde todos morren de dor,
feito é para inspirar no poeta un amor
inmortal e mudo como a materia.
Goberno no azul, esfinxe misteriosa,
cor de neve unido á brancura dos cisnes;
odio o movemento que as liñas corrixe,
nunca estou triste e tampouco ditosa.
Os poetas ante estas miñas actitudes,
que eu son quen de imprimir ás obra máis feras,
queiman os seus días en similitudes;
teño para atrapar dóciles amantes,
espellos puros que fan as cousas belas:
os ollos gazos a brillar lampexantes
Baudelaire: Les fleurs du mal
Adaptación audiovisual
Leo Ferre canta Baudelaire
Antídoto contra posibles efectos secundarios do sonetiño: Golpes bajos, moi baixos
Adaptación audiovisual
Leo Ferre canta Baudelaire
Antídoto contra posibles efectos secundarios do sonetiño: Golpes bajos, moi baixos
3 comentarios:
Ese cor de neve, refírese ao corazón- A cousa é graciosa porque vai xunto á cor branca do cisne. Beaudelaire é un alquimista facendo sonetos. Os mecanismos de repetición formal e semántica teñen a precisión dun reloxo de altas prestacións. Nunca cesará de marabillarme.
Que tempos!
Nesta época eu andaba pola Ghalisia submerxida e preguntábanme que nos pasaba aos de Vigho que non queriamos mirarlle os ollos á xente, e eu disíalles: e a min que me contas? eu son de Teis!
ji,ji,ji parece que os tempos para a lírica algo melloraron aínda que segue habendo moito can rabioso solto que só entende de rosarios. A disctadura fixo moito mal. Nunca daremos curado de todo. A súa pestilencia persiguiranos ata a tumba. Viva o repentismo revolusionario!
Publicar un comentario