03/04/11

SONETO GÓTICO






Esta vernácula excepción nocturna,
este arquetipo de candente frío,
quen senón ti merece o desafío
que urde unha dentamia taciturna.

Seme lúas posesión vulturna
o mofo do teu alento, arrepío
cando abra a túa gorxa o cortafrío
da sede que te volve viño e furna.

Todo sucede nun silencio ucrónico,
cerimonia de araña e de falena
danzando a quietude sen mácula,

recorrente espazo catatónico
nun horror final de lúa chea.
Sempre serás Ligeia. Eu son Drácula. 

Julio Cortázar: Salvo el crepúsculo in Agunos pameos y otros prosemas