12/03/11

IT IS TEIS

nove mulleres xuntas non poden crear un neno nun día ??????

nove mulleres non poden
crear un neno
nun día
nin nun ano
nin que estean xuntas
nin que estean separadas

nin pola cabeza lles pasa!

.........

con cen mil homes
teriamos o mesmo resultado.
A diferenza é que eles
insisten en considerarse indispensables
para iso

e para todo o demais

.........

unha lástima!

addenda: unha muller non crea soa un neno, pero críao e cre nel  todo o que sexa necesario


1 comentario:

auroriña dixo...

Este é un contratwist. O punto de vista de quen o emite é, como non, un machista pelado. Ben se ve que as luces non dan para iluminalo todo.