Cántico ancestral oral
Son a muller que soa nacín
son a muller que soa caín
son a muller que agarda
son a muller que examina
son a muller que mira cara adentro
son a muller que busca debaixo da auga
son a nadadora sagrada
porque podo nadar no grandioso
Son a muller lúa
son a muller que voa
son a muller aerolito
son a muller constelación guarache
son a muller constelación bastón
son a muller estrela......dios
porque veño percorrendo os lugares
dende a súa orixe
son a muller da brisa
son a muller rosada fresca
son a muller da alba
son a muller solpór
son a muller que agroma
son a muller arrincada
son a muller que chora
son a muller que chifla
son a muller que fai soar
son a muller tamborista
son a muller trompetista
son a muller violinista
son a muller que alegra
porque son a pallasa sagrada
son a muller pedra de sol
son a muller luz de día
son a muller que fai mudar
son a muller do céo
son a muller de ben
son a muller pura
son a muller espírito
porque podo entrar e podo saír no reino da morte
son a muller que chucha
son a muller que limpa
son a muller que cura
son a muller herbeira
son a muller sabia en linguaxe
porque son a muller sabia en medicina
non sei en que ano nacín
pero a miña nai, Mª Concepción, díxome
que foi unha mañá do día en que se celebra a virxe Madanela
ningún dos meus antepasados coñeceu a súa idade
O lugar en que agora vivo chámase Cerro Fortín, arriba do barrio misteco, dende onde pode verse alá abaixo a pequena poboación de Guathla. Non coñecín ben o meu pai, pois cando eu tiña tres anos e a miña irmá Mª Ana catro ou cinco, el morreu. Nin os feiticeiros, nin os curandeiros, nin os sabios puideron sandalo. Pobre. Morreu convertido en guajolote porque morreu cheo de grans no pescozo. A miña irmá e máis eu fomos as únicas dúas fillas do nosos pais. Sufrimos moito porque non tiñamos nada, só fame, só frío. Creo que a nosa vontade de vivir era moi grande, máis grande que a vontade de moitos homes. A vontade de vivir mantíñanos loitando día con día para finalmente conseguir algún bocado que aliviase a fame que tiñamos.
Fumemos cigarro e fumemos o corazón de deus!
Sei tomar cervexa e fumar cigarro.
Sei tomar cervexa, sei tomar café e sei fumar cigarro
Vivo porque sei traballar
por iso cheguei a vella
semento millo
se hai feixóns para comer é polas miñas mans
porque traballo para mercar cervexas e cigarro
traballo dende o mencer
Vou polo mundo sen nada
ata fun mordida nun brazo.
Xa quixera subir ao máis alto da montaña e berrar
onde quedou aquilo? Lástima de min!
Mª Ana e máis eu coidabamos no monte as nosas galiñas para que non fosen vítimas de gabiáns e raposos. Un día, estabamos sentadas baixo unha árbore cando puiden ver ao alcance da man varios fungos. Lembro que os avós falaban destes fungos con gran respecto. Chamábanos cousiñas ou santos. Eu chámoos nenos santos. Levei os fungos á boca e masqueinos. O seu sabor non era agradable. Polo contrerio, eran amargos, con sabor a raíz, a terra. A miña irmá Mª Ana, observándome fioxera o mesmo. Despois de comermos os fungos sentiámonos mareadas como se estivesemos borrachiñas e empezamos a chorar. Máis tarde sentiámonos ben, sentiamos que os fungos nos falaban, oiamos unha voz, unha voz que viña do outro mundo. Era unha voz doce, pero autoritaria á vez, como a voz dun pai que quere os fillos pero críaos con forza. Eu sentín que todo o que me rodeaba era deus. Sentía que eu falaba moito, e que as miñas palabras eran fermosas. Tempo despois souben que os funfos daban sabedoría, que curaban enfermidades e que a nosa xente había moitísimos anos que os tomaban, que teñen poder, que eran o sangue de cristo. Aos nenos santos hai que terlles respecto. As persoas que apañan os nenos santos deben estar limpos de corpo e de espírito, non deben ter contacto sexual, non deben asistir aos velorios para non contaminarse do ar impuro dos mortos.
Un día miña nai, sen consultarme, ordenoume xuntar a miña roupa dicindo que a partir dese momento xa non lles pertencía máis. Agora pertences a este rapaz que será o teu home. Vai con el, aténdeo ben. Xa es unha mulleriña. Así é o costume. Eu tería 14 anos. Nos primeiros días da miña nova vida, sentín medo porque non sabía o que pasaba. Máis tarde resigneime. Co paso do tempo quíxenlle abondo ao meu home. Chamábase Serapio Martínez. Era un chaval de vinte anos. Con orgullo podo dicir que sabía ler e escribir. Adicábase ao comercio da fiacha vermella e negra que se usa para bordar os bipiles que vestimos as mulleres. Tiven marido durante seis anos. Ao igual ca a miña nai, enviuvei ao vinte anos de idade. Con serapio tiven tres fillos: Catarino, Bibiana e Apolonia. Nunca comín os nenos santos mentres vivín con Serapio. De acordo coas nosas crenzas, a muller que cura non debe ter tratos cos homes. Os que van desvelarse non deben ter trato sexual durante catro días antes e catro días despois da velada. A condición debe cumprirse fielmente. Doce anos despois de quedar viúva, un home chamado Marcial Carrera empezou a pretenderme. En realidade, eu non tiña necesidade de ter home, pois eu sabía manterme por min mesma. Eu sabía traballar. Marcial Carrera insistía, pasaron os días, eu pensábao. Era un pretendente, non semellaba home de traballo. É máis, tiña fama de desobrigado e borracho. Pero á fin, accedín. Puxen as miñas condicións. Se Marcial quería muller, el debía vir á miña casa; porque non ía mudar a miña nai, os meus fillos, o meu petate, as miñas potas, os meus sachos e os meus paquetes á súa casa. Arreábame con frecuencia e facíame chorar. Non lle gustaba traballar no campo. Nos trece anos que vivín con Marcial tiven seis fillos. Morreron todos, só sobreviviu a miña filla Aurora. Os meus fillos morreron de enfermidade ou asasinato. A Marcial, ao igual que ao meu primeiro marido, Serapio, gustábanlles as mulleres. Os fillos dunha señora con quen tiña relacións golpeárono e ferírono con machete. Bañado en sangue, morreu tirado no camiño.
O ter quedado viúva de segunda volta facilitou que me decidise enfrontar o meu destino. O destino que se me fixara dende antes de nacer. Ser sabia. O meu destino era curar. Curar coa linguaxe dos nenos santos. Pero algo me detiña, como se fose medo de entregarse un ao que foi destinado.
Os nenos santos fálanme, aconséllanme. Dinme como debo sandar os enfermos e apréndenme a linguaxe que falo nas veladas. E toda a miña linguaxe está no libro que me foi dado.
Son a que le,
son a intérprete
ese é o meu privilexio. A xente vén a min para que cure os seus enfermos. Veñen en busca de curación os que foron enmeigados por trasnos, os que perderon o espírito por un susto no monte, no río ou no camiño. Por iso pregunto aos enfermos, o día que te mancaches, onde foi?, que pasou?, non sentías que o teu corpo non tiña espírito? que o teu corpo ía baleiro?. Ou nos teus soños, a que lugares chegas?
Cando durmimos o espírito vaga ceibe, vai onde quere ir. O espírito convértese en zacuache, en tigre ou en zopilote. Convertido en animal, o espírito viaxa a lonxanos lugares, o espírito regresa cando acordamos.
Os nenos santos curan as chagas, as feridas do espírito,
o espírito é o que enferma,
os fungos tómanse de noite
para iso celébrase a velada.
Antes de iniciar a velada, pregunto o nome do enfermo. Mª Roberta, veciña e amiga, queimou o pé con auga fervendo. Se o enfermo non me di a verdadeira causa do seu mal,eu adivíñoo. As miñas palabras obrigan a maldade a saír, as miñas palabras obrigan a erguerse aos difuntos
Inicio a cerimonia fronte as imaxes dos santos. O enfermo e máis eu comemos algúns pares de fungos. Ás veces persoas que están presentes tamén toman os seus pares. Déixome levar. Non opoño resistencia e caio nun pozo profundo, interminable. Sinto unha especie de vertixe. Cando os nenos santos traballan dentro do meu corpo fálolles. Pídolles o favor, que nos bendigan, que nos amosen o camiño, a verdade, a curación. Que nos dean o poder de rastrear as pegadas do mal para acabar con el. Dígolles aos fungos " o teu sangue tomarei, o teu corazón tomareiporque a miña conciencia é pura como a túa
Para min non é un xogo facer veladas.
Nas veladas pídenselle favores ao señor das montañas, dos ríos e dos mananciais.
El ten o poder para dar cos espíritos pero tamén sabe sandar as enfermidades se se lle pide
ofértaselle baixo lote de galiñas a cambio de que devolva os espíritos que levou, págaselle con cacao, ovos, copal e pluma.
Sabio en linguaxe, sabio en todo
13 pantalóns, 13 camisolas
nome de 13 pantalóns
pobre de ti
pouco a pouco sandarás
pouco a pouco sandará o meu corpo
é certo o que di a linguaxe
non estás doente, Mª Roberta.
Si, estou conforme
guerra á enfermidade!
vén cos xenerais e cabos
sarxento! comandante!
Teño os meus 13 xenerais
Raimundo, non é?
Veño con todos
traio os meus trece gabiáns.
Cantos sexan. Teño moitos tlacuaches.
Home, home, home
veño con 13 xenerais
sei beber e sei fumar
pero isto
muller de guerras! mira
non é sabio calquera
como é que son a muller sabia?
ausculto e examino
ladra o can policía
Xesús Cristo! miren agora.
Síntome máis aliviada, xa está ben para min.
Aínda che falta! Agora fala ti.
Para isto nos saudamos hoxe
que inmensa marabilla é esta!
Que inmensa marabilla!
Tiven problemas.
Recibín golpes, e mesmo dúas balas de revólver entraron no meu corpo
cando me interpuxen para que un borracho non puidese asasinar o meu fillo Catarino,
sobrevivín aos ataques que veciños e familiares fixeron contra o meu corpo
chegaron a queimarme a casa e roubáronme o pouco que teño
xa vou vella e enferma
respiro con dificultade, canso moito.
Non falo moito porque a miña boca perdeu algúns dentes e avergóñame ester desdentada.
Pídolle a deus que me bendiga
pido bondade a cada día
pido bondade para o mundo
neste mundo onde tamén hai maldade e discordia
este mundo on de a xente pelexa por calquera cousa
sei que pronto vou morrer
pero estou resignada
morrerei no momento que deus queira
sufrín e sigo sufrindo
sempre fun pobre, pobre vivín e pobre morrerei
coñezo o reino da morte
porque cheguei aí
é un lugar no que non hai nin un mínimo ruído
porque o ruído,por mínimo que sexa, molesta.
Na paz dese reino vexo a deus e a Benito Juárez
MARÍA SABINA
Nota: falta un fragmento.

porque en min non hai bruxaría
non hai cólera
non hai mentira
porque non teño lixo, porque estou limpa,
non teño po.
Son a muller que nada no sagrado
Muller águia dona son
Muller gabián dona son
Muller thacuache dona son
Muller thacuache sagrada son
Es gran? es pruído? es cambra?
Son a muller reloxo
porque ti tes o teu reloxo
son a muller que mira dentro
a muller que examina
Fala, para iso estás aquí.
Xa non aguanta o meu corazón. Vou cansa.
A miña filla Apolonia axúdame a rezar ou a repetir a miña linguaxe durante as veladas. Fala e di o que sabe. Home sagrado de casa e de sombra. María Sabiniña.
Camiño dos teus pasos, dos teus pés.
No camiño das túas mans, Mª Sabina.
Ata debaixo das túas mans e dos teus pés.
Ata debaixo dos teus ollos e da túa boca.
Ata debaixo das túas pegadas e das túas unllas.
Ata debaixo do teu bastón.
Estrela cruz
estrela grande
Nai de leite e rosada fresca
Nai de leite e de peitos.
Ata debaixo das túas mans e dos teus pés.
Muller gabián dona son
Muller águia dona son
Como foi que naceu?
Como foi que caeu?
Tiremos e reguemos por todos lados.
Xunto á túa lareira
Xunto as pedras da túa lareira, co noso san pedro, cos nosos santos está Mª Roberta.
Alí na túa lareira
nas pedras da túa lareira.
Alí dentro da túa casa, dentro da túa sombra.
Muller de traballo, muller de cariño.
Muller de auga salgada
Muller de suor
Muller marchante.
Como foi que veu esta enfermidade?
Di: como foi que esto sucedeu?
Para min non é un xogo facer veladas.
Nas veladas pídenselle favores ao señor das montañas, dos ríos e dos mananciais.
El ten o poder para dar cos espíritos pero tamén sabe sandar as enfermidades se se lle pide
ofértaselle baixo lote de galiñas a cambio de que devolva os espíritos que levou, págaselle con cacao, ovos, copal e pluma.
Sabio en linguaxe, sabio en todo
13 pantalóns, 13 camisolas
nome de 13 pantalóns
pobre de ti
pouco a pouco sandarás
pouco a pouco sandará o meu corpo
é certo o que di a linguaxe
non estás doente, Mª Roberta.
Si, estou conforme
guerra á enfermidade!
vén cos xenerais e cabos
sarxento! comandante!
Teño os meus 13 xenerais
Raimundo, non é?
Veño con todos
traio os meus trece gabiáns.
Cantos sexan. Teño moitos tlacuaches.
Home, home, home
veño con 13 xenerais
sei beber e sei fumar
pero isto
muller de guerras! mira
non é sabio calquera
como é que son a muller sabia?
ausculto e examino
ladra o can policía
Xesús Cristo! miren agora.
Síntome máis aliviada, xa está ben para min.
Aínda che falta! Agora fala ti.
Para isto nos saudamos hoxe
que inmensa marabilla é esta!
Que inmensa marabilla!
Tiven problemas.
Recibín golpes, e mesmo dúas balas de revólver entraron no meu corpo
cando me interpuxen para que un borracho non puidese asasinar o meu fillo Catarino,
sobrevivín aos ataques que veciños e familiares fixeron contra o meu corpo
chegaron a queimarme a casa e roubáronme o pouco que teño
xa vou vella e enferma
respiro con dificultade, canso moito.
Non falo moito porque a miña boca perdeu algúns dentes e avergóñame ester desdentada.
Pídolle a deus que me bendiga
pido bondade a cada día
pido bondade para o mundo
neste mundo onde tamén hai maldade e discordia
este mundo on de a xente pelexa por calquera cousa
sei que pronto vou morrer
pero estou resignada
morrerei no momento que deus queira
sufrín e sigo sufrindo
sempre fun pobre, pobre vivín e pobre morrerei
coñezo o reino da morte
porque cheguei aí
é un lugar no que non hai nin un mínimo ruído
porque o ruído,por mínimo que sexa, molesta.
Na paz dese reino vexo a deus e a Benito Juárez
MARÍA SABINA
Nota: falta un fragmento.
1 comentario:
Todo un rebobinado biográfico e espiritual este canto de María Sabina. Impresiona vela no vídeo coa fasquía dunha nena vella, dunha vella nena. Nalgúns momentos o texto semella cobrar tintes surrealistas. Gústame esa descrición da morte como un lugar "onde calquera ruído, por mínimo que sexa, molesta"
Publicar un comentario