05/12/10

Olladas dende dentro

Visión completa
aliñamento
Fisterra en liña recta
co meu centro
eu no centro da cova
onde o sol morre a diario
nunha sangría
o ritual da morte/
a vitoria do día


VÉN COMIGO


Eequeceuche andar 
e cómpre aprendelo de novo
.............................vén. Comeza,
vai xuntando ese sol,
................................algún serán 
teremos que nacer!


................................Amarelean 
as nubes no céo e non me escoitas;
vas ao meu lado e tremes;
un pé vai detrás doutro como a onda
vai tras da onda.


..............................Estás inqueda.
Esqueciches andar, caeuche
a voz e non a topas,
buscareina contigo e as palabras
virán.


.............Imos facer a primavera,
imos facer o mar sen présa,
a luz, a paz, a guerra,
como se nunca se tivesen desprendido
xa unha vez da túa voz e en ti nacesen.


Imos facelo todo
de novo ata que poidas
reunir o teu corazón da maneira en que se fai
a firmeza do mundo con area.


Luis Rosales

Ningún comentario: