03/12/10

Microparáfrases & contramicros

1.Como xa errara decidiu que non sabía o que quería


2.Ser artistas é tomar a serio o bronceado na casa dos que non o son


3.Hai un tipo de unllas de polo no aire fecundando mentes fértiles


4.Se non falas aínda evitas cometer un último erro


5.Unha máquina do tempo indícalle á monxa que ter un fillo é moi doce


6.Un poema é a pedra e non a unlla que se usa como chave para falar cos mortos


7.O estilo sen camiño non vai nin nos leva


8.A arte é como as necesidades da ONU en solitario, dando froitos sen flores


9.A imaxinación con imaxes vólvese en contra


10.A arte non é a revolución senón o seu adxunto ou o mellor ángulo da súa sombra


11.O propósito da cidade é facer estalar a vida para desintegrala


12.Para vivir sen amor hai que ter valor de remar sen remos


13.A mentira é certo que esqueceu pintar as unllas


14.Mamá preguiza dá a luz o progreso inventando a roda


15.O que chamamos realidade é un cadro de convivencias subxectivas


16.O sufrimento depende da venda que facemos da realidade


17.O estilo é só a parte exterior do contido da figura, só no caso de que esta non estea oca


18.Todo o que é teu para sempre non cesarás de perdelo



1 comentario:

angola dixo...

1º experimento co encriptador.

Algunhas solucións son imprevistas, outras meras reformulacións.Nalgúns casos saen verdades coma puños.