FONEMORAMAS
Se canto son un cantoso
Se leo son un león
Se emano son unha man
Se amo son unha amasada
Se loito son loito
Se como son como son
Se río son un río de risa
Se durmo enfermo de durmir
Se fumo fumo ata o fume
Se falo escoito un falo
Se minto invento unha verdade
Se afundo me Carlos Edmundo
Carlos Edmundo de Ory
cando morre o poeta quedan os seus dardos |
4 comentarios:
se afundo mecaguenomundo
ao pé da letra
se se me dese, mira ti,por imaxinar letra para un himno novo, sen dúbida sería difícil superar este cante cantoso de Ory. Textazo onde os haxa. Máis lúdico e verdadiro imposible.
fáltalle a música, así que polo de agora, esquéceo.
Publicar un comentario