17/11/10

Aforismos de Vicente Huidobro % contraaforismos da autora

O que se pode ler a continuación é un niño de aforismos de Vicente Huidobro, gran escultor da linguaxe. 


O que aparece  despois de % é unha paráfrase actualizada ou traición tradutora  ou mesmo tradución traidora de parte da autora, se é que aínda se pode falar de autores no magma de BLOGOLANDIA. Igual que na Idade Media. Non debo esquecer pensar nese retorno tantas veces enunciado.


alcapeixe peichofa


Aforismos

 Coñecín un home interesante: non tiña principios % coñecín unha muller interesante: ría dos seus principios antes de escomenzalos.

 Un home, un verdadeiro home, no ten principio ni fin. Como Deus % unha muller, unha verdadeira muller, ten os seus principios e , aínda que os someta a revisión, procura mantelos ata a fin-
 
 Os cans ladran porque vai vestido de Excepción % Os cans oubean porque vai de sotana

 O reloxo do cemiterio  adianta un poco % o reloxo do cemiterio marca sempre a última hora

 No hai nada más difícil que saber ser louco. Que cantidade de bo  criterio se necesita para estar tolo! % non hai nada tan difícil para a loucura que guiar o amor, que anda cego desde que por primeira vez se xogou ás agachadas no mundo

 Axúdate, que Deus non te axudará % sé o teu propio fillo 

 Desenvolve os teus defectos, que son acaso o máis interesante da túa persoa % desenvolve as túas paranoias, que son acaso o máis orixinal que tes

 Un home nu pesa más que vestido % un home nu recupera o estatus humano % unha muller núa é unha homa % un home nu é un mullero

 Ver a palla no ollo alleo e a viga tamén % ver a palla no ollo alleo e quitarlla

 Esnaquizaches as leis do teu corazón para te someteres ás leis da túa tribo % esnaquizaches as leis do teu corazón para te someteres ás leis do Estado 

En nome da Arte e dos seus cemiterios
En nome da Beleza e os seus cánones
En nome da Verdade  e dos seus ocultamentos
En nome da Orde e os seus lacaios
En nome da Lei e dos que a fan para non cumprila
En nome da Bondade e do puritanismo
En nome do Deber...e a súa tortura
Palabras, palabras e os seus contrarios

 Oín un estrondo de cadeas que parten. Naceu un home % que vén facer aquí? 

 Non hai amor ilexítimo % non hai fillo ilxítimo

 O maior inimigo do poema é a poesía % o maior inimigo do poema é a encriptación automática

 Axioma para os músicos: Os paxaros cantan mal % fano en verso libre 

 Outro axioma para os músicos: Os barcos cantan mellor que as sirenas % os músicos necesitan do silencio das sirenas para poder poñer os seus ovos
 
 A vida é unha cuestión de vida ou morte % como morras mátote

 É incomprensible que un individuo que teña estudado profundamente a sociedade actual no sexa comunista % sen calzoncillos? 

 É incomprensible que un individuo que teña estudado profundamente o comunismo, no sexa anarquista % É INCOMPRENSIBLE QUE UN INDIVIDUO QUE TEÑA ESTUDADO PROFUNDAMENTE O ANARQUISMO E A SOCIEDADE ACTUAL NON ESTEA XA ACTUANDO 

 Un xuíz que no momento de dar una sentenza non  está rindo de si mesmo  e da sociedade é un perfecto mexebo % o acusado que no momento de oír a sentenza non se fai malo de veras...é inocente

 -Son avogado, son enxeñeiro, son...
-E a mí qué? Iso só proba que posúes un diploma de limitación % EU SÓ DESEXO SER COSMONAUTA DE MIN MESMA
 
 Unha cortesana chea de melindres é tan repugnante como un ladrón económico % UN POETA QUE ZUMEGA ODIO É TAN REPUGNANTE COMA UN CURA PEDERASTA

 Estúpido, para que botas pelexos de plátano no meu camino? % sácateme de diante, retira a monda e logo lava as mans

 Consello aos pintores: Para esganar a Naturaleza cómpre ter dedos de fada % para esganar a realidade fotocopiada cómpre ter ás nas mans

 Os meus versos son cálculos de evasión % os meus versos son...teoremas

 Nada amo tanto como o imprevisto. Una xitana en Budapest leume o porvir nas liñas da man. Eu botei vitriolo e borreinas % unha xitana ofrecéuseme para lerme o porvir na Costa da Morte, eu collín unha variña de romeu das súas mans e acariñeina na cara mentres lle confesaba que non me interesaba

 A maior das dexeneracións e das morbosidades é o espiritualismo % a maior das dexeneracións e morbosidades é o capitalismo fascista e xenófobo, un gran invento do home branco
 
 Mascar cadeas, velaí o prato máis gorentoso para o Home % devorar os seus medos, velaí a delicattesen 

 As caricias son rabuñazos de animal doméstico % as caricias son a mellor terapia contra a dúbida e o medo 

 Era tan mal actor, que choraba de veras % era ten mal actor que non fixo máis ca unha película porque morreu de veras

 Eva no Paraíso regalaba a mazá; despois saiu do Paraíso e empezou a vendela % Adán no Paraíso rañaba o carallo; despois saiu do paraíso e complicóuselle o traballo

 As mellores cousas sobre min dixéronas os  meus inimigos % as peores cousas sobre min dixéronas os meus familiares e amigos 

 A Poesía son eu % a poesía somos nós cando falamos para recoñecernos humanos

Fuxir do home, fuxir da natureza e sentar encima do arco iris cunha pluma na man % apearse do arco iris, aterrar na natureza, vivir entre humanos co corazón nun puño

 Pouco non importan os erros ou as verdades nun gran autor.
Pola miña banda podo asegurar que moitos autores me gustan máis nas súas imperfeccións que nos seus acertos.
O que nos interesa en Nietzsche non son as verdades de Nietzsche senón a nietzschesidade de Nietzsche % ou sexa a necidade de Nietzsche
 
 Oh, que delicia! Xogar con lume % o amor é lume que arde, non ten dono

 As crenzas relixiosas teñen como orixe a lei do menor esforzo % O televisor e o consumo, velaí a neorelixión 





1 comentario:

angola dixo...

QUINTANARES

TIC TAC
Ese tic-tac dos reloxos é a máquina de coser del Tiempo fabricando mortallas