07/10/10

MENHIR 5

adan nada no nada 


MENHIR DO INSTANTE

SE EU PUIDER
QUEDAR EN SATAND BY
ESTE MOMENTO
SEN ME MOVER
SEN FACER
NINGÚN
M  O  V  E  M  E N  T  O
QUEDARÍA AQUÍ
ESTANTÍA
FACENDO
O INSTANTE
E
T
E
R
N
O


PERO NON PODO
FACER OUTRA COUSA
QUE ME ERGUER
OLLAR A HORA
DO RELOXO
MISERENTO
REINICIARME
RECUPERAR COMO POIDA
A ÚLTIMA SESIÓN
DA MIÑA INTIMIDADE
E EMPEZAR DE NOVO
A ANDAINA FELIZ
QUE ME TRAIA DE VOLTA
NON SEI CANDO
NIN COMO
NIN POR QUE
NI CON QUE PRETEXTO

ABALO CUN CABALO
OBLICUO NA VOZ
DESCENDO
CO MEU SEGREDO
A VOCES
BERRANDO
POLOS POROS
PARANOICOS
DA ESCALEIRA
CARACOL
DA MIÑA PEL

MARCHO
ARMA CORTANTE
SEN FÍO
CARA A
MIN MESMA


RESERVA DO NOROESTE
OUTUBRO DO 2010


Saraares




baldosa - mattone