08/04/12

A árbore que bebe viño / Robert Desnos





Debuxo de Iroki Ohira




A ÁRBORE QUE BEBE VIÑO

A árbore que bebe viño
ama que se durma á súa sombra
coma os cervos e os coelliños
alimentados de tomiño e cogombros

A árbore que bebe viño

é un famoso camarada
bo para o serán e a maná cediño
e todos os días en cabalgada

A árbore que bebe viño

hoxe á mañá nos dicía
non hai por que ser diviño
non é martes todos os días

A árbore que bebe viño

derrámao na terra enteira
non é parvo, é maligno
e a súa sombra será a derradeira

A súa sombra será a derradeira

na terra estaba antes e está agora

e no mar e na terra

no instante da derradeira aurora.



ROBERT DESNOS: Destinée Arbitraire

 publicado postumamente en 1975

Versión orixinal en francés