Enxeño bioprogramado que aterrizou esta mañá á porta da miña casa. Negouse a facilitar ningunha información que non estivese contrastada polas cadeas telepáticas da redegaláctica. Prometeu solemnemente que non mentía. Eu non lle dixen que si nin que non.
encontros na 3ª fase
primeiro contacto
para a verdificación
da linguaxe
materia pendentepara setembro:
sistematizar e redactar
mesmo fusilar
calquera tese
sobre a importancia transcendental
das coles
e dos pementos queríamos dicir
das cores e dos pigmentos
A VER
|
8 comentarios:
Bo día, dei cunha nube gráfica sobre a cor verde, estás aínda interesada?
Unha nube gráfica sobre a verde? A ver, a ver.
O título do libro é LO QUE ESTÁ MAL EN EL MUNDO, dun tal G.K.Chesterton (Editorial Acantilado, 2008, en castelán). Está dividido en 5 partes. Na 4ª parte hai un capítulo titulado O TERROR TRIBAL, aí darás cunha fermosa reflexión sobre a cor verde. E se buscas ben, tamén darás cunha indagación filosófica sobre os insectos. E moitos outros temas que parecen preocuparche ultimamente. O que non sei é se che parecerá aceptable todo o que di sobre a muller. Curiosamente tamén hai un capituliño adicado ao hipócrita moderno. En fin, agardo que che sexa de proveito.
Pois agora que o dis, ese nome sóame.Claro! é o reverendo Chesterton Creo que teño o libro, pero aínda non o lin. Ultimamente non me chegan os días para tanta faena festeira. Grazas, Hipocriman; a pesar do nome, es un tío auténtico.
Nada, nada. É un pracer falar sobre o que a un lle gusta, e sobre todo nun medio coma este en que non é posible a interrupción nin a elevación do volume conversacional. Hai algo que quero preguntarche, é sobre o caderniño de poemas que viñas publicando. Decidiches pechalo definitivamente?
Non, polo de agora só está restrinxida a súa lectura . Deime conta que non é prudente publicar en aberto antes de ler moitas veces e traballar sobre o que se fai. Non é por purismo nin nada diso. Digamos que está en construción. O pan, ben o sabes, non debe consumirse quente. E a poesía parece que tampouco. Hai risco de graves lesións estomacais. En fin, non sei explicarcho mellor. Estou provando á miña maneira.
Creo que entendo a idea. Só os repentistas crean e publican ao mesmo tempo, pero a publicación non queda fixada en ningures. Ademáis non se pode facer repentismo continuamente. E o que vai quedar fixado dalgunha maneira é normal que se pula. Ben, cuestión aclarada.
Que pases un bo día, Angola. E que che veñan un millón de boas ideas.
Igualmente, meu. E a ti que che veñan millón e medio que boa falta fan.
Publicar un comentario