19/05/11

MULHERÓICAS. IMAXES DE SUBSTRATO




LOIS PEREIRO dende ultratumba fai a súa MODESTA PROPOSICIÓN 'Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia'


RAP NO CASTRO o sábado 21, ás 11. AVANCE 1, AVANCE 2

MANIFESTO  NONMARCHAMOS en galego correxido


QUEN SOMOS
Somos persoas que viñemos de forma ceibe e pola nosa propia vontade, que despois da manifestacion decidimos reunirnos para seguir reivindicando a dignidade e a conciencia politica e social. Non representamos a ningun partido ou asociacion. Únenos unha vocacion de cambio, estamos aqui por dignidade e solidariedade polos que non poden estar aquí.

POR QUE ESTAMOS AQUI
Estamos aqui porque queremos unha sociedade nova, que lle dea prioridade a vida por riba dos intereses económicos e políticos.
Avogamos por un cambio na sociedade e na conciencia social.
Demostrar que a sociedade non está durmida, seguiremos loitando polo que merecemos pola vía pacifica.
Apoiamos os compañeiros que detiveron trala manifestación, e pedimos a súa posta en liberdade sen cargos.
Querémolo todo, querémolo agora, se estás de acordo connosco, únete.

Poderás atopar este manifesto en todos os idiomas do estado e parte de extranxeiro AQUÍ


"...NADA PODEMOS AGARDAR SENÓN DE NÓS MESMOS...
SEXAN OS ORIENTAIS TAN ILUSTRADOS COMO VALENTES..." Artigas, libertador do Uruguai

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Estaremos no castro, será a noite N antes da xornada porno electoral. Vigolandia treme, moitos din que estamos pirados e que somos uns cacos. Quen nos dera!

angola dixo...

Os cacos son eles, os que negocian coa humanidade, os que compran e venden o máis xenuíno de nós, os que converten o ser humano en mercadoría. Nai que os pariu!
Bicos gratuítos, Hipocriland.

angola dixo...

Este marabilloso vídeo amosa que a arte non ten por que ser eterna, senón algo moi fráxil sometida á brutalidade da intemperie. Magnífica metáfora da vida humana. Hai que disfrutala mentras se teña. Non viñemos a este mundo para ser devorados máis que polos elementos.

Anónimo dixo...

Disfrutémola, hoxe con máis fundamento que nunca antes. Somos un, somos moitos, podemos ser todos.É unha cuestión de actitude.