11/01/11

A TODOS OS NENOS




A TODOS OS NENOS

A todos os nenos que marcharon coa mochila ao lombo
por entre a néboa dunha mañá de abril
querería facer un monumento
para todos os nenos
que choraron coa mochila ao lombo
os ollos abaixados sobre as súas penas
querería facer un monumento
non de pedra ou formigón
nin de bronce que vira verde
coa trabada aguda do tempo
o monumento da súa dor
o monumento do seu terror
tamén do seu espanto

velaí o mundo perfumado
cheo de risas e paxaros azuis
de súpeto abatido por unha labarada
un mundo novo onde un corpo 
que vai caer
fai medrar unha mancha de sangue

Mais a todos os que ficaron
cos pés quentes, nos seus despachos
calculando as rendas
da guerra que tanto querían
a todas as graxumaxes, a todos os cornudos
que comandan co ventre a vida
e contan e recontan os cartiños
a todos eles fareilles 
o monumento apropiado
coa fusta, co látego
cos meus pés, cos meus puños
con palabras que farán esvarar 
sobre as súas enrugas, sobre as súas meixelas
bágoas de vergoña e de lodo.

Boris Vian