por aquí xogabamos de pequenos
coa cabeza coroada de follas de castiñeiro
aos indios
eramos como vinte ou trinta na tribo
case ninguén quería ser vaqueiro
..................................
o único petroglifo do término municipal de vigo
Frío fóra
a calor húmida da cociña de ferro, sempre fumegante
o almorzo
O coitelo da camiñada ata a escola.
É unha casa de pedra con dúas plantas
arriba as nenas
abaixo os nenos
hai un cuarto dos ratos
e un mestre abaixo que martiriza os nenos cunha vara
e unha mestra arriba que nos despreza
obríganos a falar en castellano
non sabemos
tanto lle ten, somos un paletos.
No recreo
saímos a un campo de terra protexido por un inmenso ombú
obrígannos a saltar á corda
a corda é xigantesca
cando te equivocas e che lostrega nas pernas
quedan as marcas
as nenas non podemos levar pantalón
eu lévoo
a mestra tortúrame tirándome das orellas
o lóbulo sepárase
chego a casa sangrando
miña nai monta en cólera
vai onda a mestra que é zamorana e di non entender como falamos
chama por ela a berros
dille que como volva a poñerme a man encima
que a rebenta
nese momento adoro a miña nai
a vacaburra nunca máis volveu tocarme
eu só tiña catro ou cinco anos.
Anos máis tarde no inmenso campo de terra
construíron o instituto, era só masculino.
O ombú cortárono, era o único exemplar de toda a ría de Vigo.
http://incendiaelcielo.blogspot.com/2011/03/placer-culpable.html
tragarei cada unha das vosas mentiras
só polo gusto de cuspírvolas á cara
só polo gusto de cuspírvolas á cara
1 comentario:
dedicado a todos os ananos que aínda cren que no noso país somos bilingües por amor incondicional aos dicionarios e dedicado tamén a todos os ignorantes que se coidan superiores polo dominio que o seu idioma veu exercendo sobre nós ao longo da historia.
Publicar un comentario