sen coñecerte non deixas de darlle paus á miña sombra |
A SOIDADE É UNHA DOENZA DA PEL
De noite asubían os imáns da destrución.
O mesmo vento que hoxe nos arrinca de raíz
cósenos con dobre fío ao vento do mañán.
Somos manchas minúsculas baixo o borrón da noite.
A cidade onde camiñamos é un zapato que nos fai bochas.
Un aire sen céo delátanos, vístenos para a desaparición.
Perdidos para sempre os planos do home
un a un vanse pechando todos os poros.
Facémonos impermeables na soidade:
dentro da pel non viaxa ninguén;
fóra da pel ninguén nos ve pasar.
Jesús Jiménez Domínguez
Ningún comentario:
Publicar un comentario