(diálogos en directo)
Era a tregua precaria, a terra de ninguén onde caerían enristrados en espiral, espiríanse entre miañadas, trabucando as mans e as roupas, afincándose nunha falsa eternidade recorrente.
Xogarían aos alcumes e aos animaliños, nunha secuencia graduada e coñecida e sempre gorentosa:
Mexebísimo
Non son mexebo pa na
Vostede é un gram mexebo e un malote
Non son en absoluto
Si que é
Non
Si
Non
Si
Daquela ganas me dan de patearlle o xardín
O meu xardín é lindo e vostede non é quen de patearmo
Son tal, e eu mandáballe moitos animaliños
Tanto me ten
Primeiro mandáballe todas as tiopas
As súas tiopas están tolas
Tres marmotas
Non me importa nada
Varios leiróns
Vostede é un malote
E todos os ourizos
O meu xardín é meu e non o toca ninguén
O seu xardín é seu pero eu mándolle todos os animaliños
A min os seus animaliños non me importan nada de ves e o meu xardín está defendido
Non tal e os meus animaliños comeranlle todas as flores
Non
As tiopas comeranlle as raíses
As súas tiopas son malotas e mexebaotas
E as marmotas mexarán contra as roseiras
As súas marmotas son fedorentas e mexiriqueiras
Acaba de falar mal das tres marmotas
Porque son unhas mexiricas
Daquela eu mandáballe todas as marmotas á vez en vez de soamente tres
Tanto me ten, se cadra son todas mexiricas
E todos os leiróns
Non me importa nada
Agora saia vostede ao seu xardín e verá o que lle fixeron os meus animaliños
Vostede é mexebo e malote
De verdade?
Vostede non é malo pero é un mexebo
Daquela retiro tres ourizos
Tanto me ten
Son mexebo?
Non, non é tanto
Daquela retiramos todos os leiróns e unha tiopa
Calquera cousa que retire dáme igual
Para que vexa o bo que son, retiro todos os animaliños
Vostede é malote
De maneira que son malo?
É malo e mexebísimo
Daquela, dúas toupeiras
Tanto me ten
Todos os porcos espiños…..
3 comentarios:
perfecta esta escada ao céo / inferno simultáneos.
Texto zipper, cremalleira, ascensor, etc.
Gústame o teu blog... unha aperta literaria dende o afastado...
confín...ola, rosanegra. Benvida ao paraíso, querida, non te asustes, está todo controlado.
Que contenta me deixa a túa visita!!!
Publicar un comentario