06/04/11

ACUDIUME ESTA MAÑÁ UNHA IDEA INCANDESCENTE





acudiume esta mañá unha idea incandescente
un facho que alumea no alto da miña mente
pero ela soa e sen reforzos ten todas as de perder
nunha batalla librada hai tempo polo teu brillo e un covarde

un covarde que bambea entre o esquecemento e a nada
que bambea tras os teus pasos e melancólica ollada
que se perde encandilado tralo berro dos teus ollos
que fica atordoado e cego no ronsel do brillo do teu nome


que se agocha tralas letras dalgún outro nome
e aínda así non ousa  berrar de quen se agocha
que fai fronte tan valente a enredados trebóns
e lisca como un cativo ao descubrirse au teu carón


que esperta ao mediodía e dorme ao despedirte
que susurra tan potente e que berra tan a modo
que camiña tan a présa cos ollos ben pechados
sen valor pola cornixa que conduce ao teu pazo


unha idea de coraxe acudiume esta mañá
de sentarmos fronte a fronte e quitar a camuflaxe
de asubiar emocións e facer con elas palabras
palabras que che expliquen como a auga  xeada cae a cachón


unha idea tan sublime como tantas que enunciaches
tan serodia e predecible como outras tantas tiven
pero soa e sen reforzos de valor e outros aliados
a batalla está perdida
xa é noite
Xa marchaches

3 comentarios:

angola dixo...

Experimento destinado a paliar o colapso acumulativo: acudir ao stock para volver poñer na cinta transportadora. Aproveitamento da carencia de caducidade dos elementos transportados. Reciclaxe como método de produción...etc

jens peter jensen silva dixo...

ola!!!
vouche decir algo, e xúroche que non é por presumir. Teño dous curmáns escritores, os dous moi bos escritores, a un deles non o coñece ninguén, o outro e de sobra coñecido, o primeiro chámase Xaquín Silva, e o segundo Xosé Lois Méndez Ferrín.
O caso é que sempre tiven unha gran rexeita por traducir (quero decir, ler a tradución) ós escritores que escriben en castelán ao galego, eu son capaz de ler en inglés, inda que moi amiudo teño que usar diccionario, por o tanto, se podo non leo a traducción do texto en cuestión, o mesmo faría se poidese ler en francés ou alemán, que desgraciadamente, non podo. O mesmo fago cando encontro un texto escrito orixinalmente en galego, non busco a tradución ao castelán. Podería, xúrocho, facer unha excepción co galego de Xosé Lois, porque cóstame un mundo entendelo.
Contoche esto porque o meu outro curmán, Xaquín, fai, e teño que recoñocelo, unhas preciosísimas traduciós de poemas de neruda (e outros) ao galego, pero inda que me gustan, non podo estar dacordo, sí que as entendo como experimento, como recreación dun mesmo, pero non encontro a necesidade de privarnos, dado que temos a inmensa sorte do bilingüismo, da lectura orixinal.
ai algún tempo estivemos xaquín e mais eu, a piques de facer unha serie de recitáis poéticos onde el leía poemas i eu acompañaba ao piano, discutimos moito sobre o de engadir poemas traducidos, el quería facelo porque decía que tiña que ser en galego, eu sigo a pensar que non se debe rexeitar o castelán igoal que no se debe rexeitar o galego, ao final chegamos a un acordo, lería traducido o poema "Azul" de Neruda e lería en castelán unha páxina alucinante de Rayuela de Cortázar, que agora, desgraciadamnete non lembro o título.
E tí, qué pensas?
Estarás en completo desacordo conmigo igoal que o meu curmán?

Unha aperta

P.D. así e todo, Cortázar queda ben en galego, non coñecía estes poemas.

angola dixo...

Que tal, Velpister? Estou totalmente de acordo contigo en que é mellor ler na lingua orixinal. Agora ben, a literatura ten ese privilexio: sobrevive aos trasvases temporais e espaciais. Entendo por espaciais as traducións. Non sólo soporta os trasvases senón que o mesmo Cortázar demostrou que hai textos que gañan coa tradución. Todo depende das linguas que se manexen e como se manexen. Demostrouno cun texto titulado ZIPPER SONNET, coñécelo? Non tardarei en incluír este experimento de Cortázar no meu caderno, asegúroche que é sorprendente.
Eu non son das que rexeitan ningún idioma, todos me parecen engrenaxes perfectas. Pero gústame traelos ao meu xardín e se traduzo é por puro reto e por puro pracer.
Lembra que o rei galego de Castilla, Alfonso X o Sabio, montou a escola de tradutores de Toledo para dignificar e darlle prestixio ao idioma da súa corte. E lembra tamén que a este señor cando lle daban arrebatos líricos non dubidaba en utilizar outra lingua: o galego-portugués.