12/02/11

SÓ PARA TI




Mensaxe 
nunha 
botella

(Só para ti)

O teu sorriso faime ceibe
Porque me libera de min

A túa manía estática
Dáme vida
Alén da vida

A túa navegación impasible incha as velas da miña nave con vento cósmico (e iso que aínda non relumbra a nosa estrela no horizonte finito que podemos albiscar cos nosos limitados micro-telescopios)

Os teus papaventos fan de min rachas de vento toleirón e xogueteiro
As túas mareas vivas fan de min burleus irónicos

As curvaturas da túa voz núa fánseme evidentes e videntes

Na túa onda chego tan lonxe que me dan cambras coa presión do que adoitamos chamar grandes acontecementos.

Un diccionario mundial tenme moi seriamente conmovida porque chego a acadar con el unha total transparencia na linguaxe saturada de signos e metamorfoses

A túa excelencia faime magnánima

A túa inmolación inmólame

O teu amor namórame

A túa ausencia ausénciame

O teu silencio silénciame

A túa presencia presénciame

O teu rechouchío, se me enuncias, entenréceme e arreguízame e ponme preguiceira

A túa voz se cala fai de min mudez perplexa

A túa nube cóbreme e ampárame ata o punto que estou empezando a pensar que terei que empezar a afeccionarme aos paraugas de todas as cores

O teu desatino desanóame

O teu pranto móllame

As túas citas textuais enrédanme na malla ancha das paixóns inexploradas

Esta é a miña ofrenda, a que nunca sei a quen  darei, receptor-a descoñecida-o

Gárdaa no corazón moi adentro
Gárdame, e, por favor, non afundas
Necesítote tanto como ti a min

Perdoa o meu erro básico de pretender inicialmente quen non entendes

Apaña estes fragmentos de min que che dou de maneira espontánea e natural e emocionada

Se choras desoriéntaste e desoriéntasme

Leme serenamente, chántame no teu corazón e cóidame porque xa estou chegando a onde hai que chegar para tocar, realmente tocar as xemas con me mimas dende hai xa un gran momento

Nada debes temer

Xa nacín

Asina: A mensaxe mesma
Destino: a/o afortunado-a recptor-a
Advertencia: o texto non nacerá ata que alguén o lea e o entenda. Mentras tanto andará nonnato por aí como unha almiña en pena.
Outra advertencia: o feito de que os adxectivos da mensaxe estean flexionados en feminino non obedece a que a autora sexa unha muller, senón a que a palabriña MENSAXE é feminina, como todas as que acaban en AXE, agás TRAXE,PAXE, GARAXE.




7 comentarios:

Khuai dixo...

¡Recibido con mucho gusto en este área concreta de la galaxia, Orola! ¡La difusión interplanetaria se lleva a cabo a velocidad pasmosa! ¡Hasta el comandante de la nave se encuentra perplejo!

Muchas gracias de parte de todos.

angola dixo...

Orola falou coa mensaxe para informala que alguén pillou a botella e, segundo parece, deu boa conta do seu contido. A mensaxe anda por aí dando brincos toda contenta e púxose a cantar un fado portugués:

NAVEGAR...É PRECISO

VIVER...NON É PRECISO

tirarrollas dixo...

Non esquezades que soñar lucidamente tamén é preciso. Dígollelo sobre todo a todas as mensaxes engarrafadas que poidan saír da factoría de nonnatas deste barco.
Coidado coas botelliñas!

carallocorou dixo...

A entradiña peca de exceso de autoenfoque. Unha mensaxe promocionándose a si mesma! Que diría McLuhan! dende que a galaxia Guntemberg se volveu cibernética parece que todo é posible nos procesos comunicativos.

JAUS dixo...

E mensaje bien dirijido hacia a marte.Increíble, flipo locura c´osmica, recibido, corto t cambio.
http://neuronaeclosion.blogspot.com/

perdidiña dixo...

sigo dentro

Anónimo dixo...

Las ondas en el mar arrastran una botella a esta orilla, prestosa melisma, como george brassens y la pata de juana. Tanto te dí, tanto da. Es un susurro, lo oígo en mi espíritu. }8);