22/06/11

KOMUNICADO EN PAPEL DE REGALO


AS ACAMPADAS GALEGAS SOBREVIVEN TODAS

E como?
Pois nada
Que a Galiza non chegan as ondas
Ata que baixa a marea de todo
E aí si que xa, por aburrimento
Acabamos enteirándonos.
Alén diso
Cómpre salientar o feito
De que isto é a fin do mundo
E, por tanto, nós sempre somos a fase terminal
Así como quen di
A planta de oncoloxía
De todo proceso acumulativo
Chegados a este punto
Aproveito para comunicar
Que todos os traumados
Polo glorioso remate
De acampadasol do carallo
Que non o dan superado
Pois que serán
Coma sempre
Marabillosamente acollidos
En calquera dos nosos asentamentos precarios
Na Coruña,
En Compostela,
En Allariz
En Pontevedra
Ou en Vigo, enclave real
Só por poñer algúns exemplos prácticos
Tamén poden os ansiosos
Optar por unha solución máis civilizada
E menos irritante para o poder establecido
Que sería alugar un miniapartamento
Nas numerosas localidades
De apartheid turístico
Que temos habilitadas
Para casos de avalancha
Advertimos que esta vía é cara
E que vaian poñendo de remollo todos os seus aforros
E restos de calderilla
Agora, iso si, poderán comer case de balde
Se fan un bo roteiro gastronómico
Xa que a materia prima de piscifactoría
Está asegurada.
Non damos máis detalles
Non vaia ser que desincentivemos
As iniciativas jainistas que poida haber por libre
De parte de cidadáns hiperconcienciados
Que  de seguirmos así
Isto acaba mal
E moito antes
Do que contabamos

Desculpen vostedes
A extensión ofensiva deste comunicado
E disfruten  da vida
Que total son dous días
E un e medio
Xa está hipotecado no mercado laboral
E o outro no ocio programado
Iso no caso de que vostedes non estean no paro
Circunstancia que anularía
A práctica totalidade
Do anteriormente mencionado.


Ningún comentario: