SONETO DO AMOR TOTAL
Ámote tanto, meu amor...non cante
o humano corazón con máis verdade...
ámote como amigo e como amante
nunha sempre diversa realidade.
Ámote á fin, dun calmo amor prestante
e ámote alén, presente na saudade
ámote, en fin, con grande liberdade
dentro da eternidade e a cada instante.
Ámote como un bicho, simplemente
dun amor sen misterio e sen virtude
cun desexo macizo e permanente
E de te amar así moito e a miúde
é que un día no teu corpo de repente
hei morrer de amar máis do que puiden
Vinicius de Moraes
http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/12/xiga.html
2 comentarios:
Copliñas do amor a tempo parcial
Da maneira en que eu te quixen
Xa non se pode querer
O corasón non permite
que iso volva suseder
estes ollos que te viron
xa non te queren máis ver
os pés que de ti fuxiron
non pararon de correr
as mans que te aloumiñaron
non o volverán faser
dos beixos que enterramos
nada novo vai naser
da maneira en que eu te quixen
non te ha querer máis ninguén
pregos de amor que eu che fixen
saen hoxe do meu ser
saraares
non deixa de ser outro p.dev., outro ángulo de visión do tema, interesante, sobre todo cando non hai tema.
Cantas veces suscribimos o que din estas coplas sen decatarnos de que o que realmente facemos é fuxir dunha trampa ou nó emocional.
Publicar un comentario