O sol que máis nos quentaba
arrufiou os andeis da memoria poeirentos desintegráronse un presente sen porvir
afóganos de vagar
o tiempo paira espido
aprópiase e fai seu
o rictus do eucalipto
na fronte
furados cotiáns
aloxan as balas da derrota
no somos libres
ni prisioneiros
quedamos ao axexo
de lúas radioactivas
a marea domada recúa
e non hai volta
quedamos en ningures
a bordo dun teledirixido con piloto automático
a distancias xigamétricas
de nós mesmos
| ||
O MAR NA CIDADE
É ESTE O MAR QUE ANDA A RASTRAS POLOS CAMPOS
QUE RODEA OS MUROS E AS TORRES
QUE ERGUE MANS COMA ONDA
PARA AVISTAR DE LONXE A SÚA PRESA OU DEUSA?
É ESTE O MAR QUE TÍMIDA, AMOROSAMENTE
SE EXTRAVÍA POR RUEIROS E PRAZAS
QUE INVADE XARDÍNS E LAMBE PÉS E LABIOS DE ESTATUAS ROTAS, CAÍDAS? Non se sente máis rumor que a cachoeira
de auga escorregando polos sotos
e sumidoiros, levando levemente
En peso follas, pétalos, insectos.
Que anda a procurar o mar na cidade deserta abandonada de gatos e de cans,
caladas todas as súas fontes
Mudos os leves campanarios?
a ronda inesgotable prosegue
o mar arquea o lombo e repite a súa canción, emisario de vida engulindo todo o morto e putrefacto. O mar, o tenro mar, o mar das orix
retoma o traballo vello:
limpar os estragos do mundo Cubrilo todo cunha rosa dura e viva
Emilio Adolfo Westphalen
Perú, 1911-2001
|
01/11/10
Despois do ultimatum
Etiquetas:
da miña autoría,
Emilio Adolfo Westphalen,
tixolos no muro,
traducións
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
TOMAMOS A ILUSTRE E FIRME DECISIÓN DE NAUFRAGAR
ANTES QUE SEGUIR COLABORANDO
NESA FELICIDADE DE PLÁSTICO
FEITA A MEDIDA DUN SEÑORES
SEN NOME NIN ROSTRO
A NOSA VAI SER A FELICIDADE DOS HABITANTES DE ULTRATUMBA
QUE LLES IMPORTA TODO
UN CARALLO
Publicar un comentario