cabaliños de mar ESCHER |
SPLEEN
Cun garfo é doado amar a delgada area,
escibirnos coa súa páxina no suco dos anos.
Saímos do mar como dunha virxe preñada
e a saudade delátanos, vístenos co traxe
folgado das ausencias, a súa sombra coróanos.
No serán andaremos á procura de carne de corsario,
soñando nas cunchas, haberá medusas durmidas
e veos de noiva morta axexando a túa melancolía,
peixes rápidos con rúbricas de chafarote, sales doces.
Pero vén, falemos do tempo perdido das buguinas
do sol morrendo e o seu marmelo na rede das arañas.
Aforra o silencio que nos sobre na bolsa dun beixo,
e mira, mira ao lonxe a iguana da vellez agardando
o seu reinado nos cons dos naufraxios.
JESÚS JIMÉNEZ DOMÍNGUEZ: Fermentaciones
Do mesmo autor hai outro texto traducido neste caderno: A soidade é unha doenza da pel
Ningún comentario:
Publicar un comentario