Teis: crónica da desfeita 2
Os soños doentes e ilusos
que queren enterrarnos
andan á procura dun cadaleito.
Sinto algo dentro de min
que non podo dicir que é.
O cadaleito debe ser tan grande
coma o bocoi de Heilderberg
Andan á procura dun féretro
e unha lousa sólida e pesada
que debe ser tan longa
como a ponte de Maguncia
Andan á miña procura unha dúcea de xigantes
que deben ter tanta forza
coma o potente Cristovo
da catedral de Colonia sobre o Rhin
Eles deben levar a caixa
e mergullala no mar,
pois unha caixa tan grande
precisa dun gran sepulcro
Alguén sabe por que o féretro
debe ser tan grande e pesado?
Porque debo meter nel o meu amor
e tamén todas as miñas penas.
Heine: As vellas e tristes cancións
(tradución libre, sen metro nin rima)
(tradución libre, sen metro nin rima)
Ningún comentario:
Publicar un comentario