Amosando publicacións coa etiqueta haicús galego accidentais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta haicús galego accidentais. Amosar todas as publicacións

06/04/12

Venres Santo: con................paixón!





Un sector privilexiado da humanidade
semella facer turismo atómico
en precario
mentres as bombas de lixo
exploden  a   ra   len    tí
ao ritmo convulso
das galaxias




luz eterna











20/10/11

ARDE OURENSE








a tarde esfumouse en sombras 
o serán afoga nunha nube de fume
que baixa do monte
a arder


se o amor fose lume
hoxe estariamos de orxía
pero non



14/09/11

DESACTIVADO POR PETICIÓN

                         

S.O.S

Oculta en códigos de barras
A morte anda na feira
Coidando que todo é dela


voo618: a cabra e o monte


ADDENDA: nas fábricas de carne a compaña está garantida
 as pobres galiñas teñen saudade
dun pouco de soidade
plis!



23/07/11

REUNIÓN DO COMI - TÉ

pasionaria

flor-acción rural

versus

"capullismo"
 kapital








21/07/11

NOVAS DA NASA

Proxecto cooperativo en acción: @rrobaliza

1ª e 2ª fases: detección e exploración de erros preliminares






Enxeño bioprogramado que aterrizou esta mañá
á porta da miña casa. Negouse a facilitar ningunha
información que non estivese contrastada polas cadeas
telepáticas da redegaláctica. Prometeu solemnemente
que non mentía. Eu non lle dixen que si nin que non.




encontros na 3ª fase
primeiro contacto
para a verdificación
da linguaxe
materia pendentepara setembro:
sistematizar e redactar
mesmo fusilar
calquera tese
sobre a importancia transcendental
das coles
e dos pementos
queríamos dicir
das cores e dos pigmentos

A VER










09/07/11

DÁDEME ÁRBORES E RAÑACEOS TAMÉN







dádeme árbores
e rañaceos tamén

as primeiras para deixalas medrar
tranquilamente

os segundos para baixarlles os fumes
ás súas señorías prepotentes


a golpe de mazás de realidade

firma: cidade-xardín horizontal 
intención: escala humana




paráfrase dun versiño de PESSOA que di: "dádeme rosas e lirios tamén..."



07/05/11

CUCURRUCUCUUUUU





pimpín





TEXTO PARA TI, LECTOR,
DE QUEN NUNCA COMEREI
NIN OS DOCES
NIN OS AGRES
NIN OS PÚTRIDOS FROITOS DO AMOR

I

O contexto é a chuvia
O domingo serán
A antesala da morte
A fin da fin
Ollámonos reflexivos
Ollámonos recíprocos
A caermos caéndomos

II

Na caída hai un estraño misterio
Algo que tira por nós
Coa forza do remuíño
Na boca dun funil cósmico
Sen dúbida algo nos atrae
Cara abaixo
Cara a terra
Pútrida e radioactiva
Antes da derradeira glaciación
Explosiva
Prometida
Profetizada
A fin da fin

III

Nin medos, nin choros
Fóra dos sistemas de control
Ningún dos praceres ignorados
Todo programado para a fin da fin

IV

Nacemos e caemos
Nunha pía sen fondo
Alguén tira o tapón
E aí imos nós á deriva
Polos camiños sincronizados do cosmos
Despois de estarmos mergullados nunha xigantesca pía de auga suxa de lavar os trapos do mediodía
Coa alma desinfectada
O espírito roto
E o corpo inútil
Olladas de feras africanas angaioladas

V

No plano cotián semella que non admitimos nada alén da cordura lóxica dos actos, anque veñan de pensamentos e proxectos asasinos.
Resistimos como podemos se alguén insiste
E se non, deixámonos levar polo río das mentiras
Nel afogamos as nosas ansias frustradas
Pero elas aboian
Como a merda oboia informe polos ríos da verdade

VI

Ignoro se o que fago e deixo de facer ten cordura
Animal, vexetal ou mineral
Semella carecer por completo de importancia
Como esa absurda obxección ao lavabo ou á trandeira fixa sen luz no patio de luces inmundo do mundo
Onde respiran con dificultade as almas condenadas a este inferno lóxico e real deseñado por unos señores sen mome nin rostro que disfrutan mudando en merda todo o que tocan, o que mencionan, o que pensan, o que adiviñan, o que planean, o que comen, o que desexan.

VII

Sexa como for, pouco ten que ver que a súa louca cordura nos atinga coa súa corda
Ti es distante e esguío como esquío atrapado nun horario demencial de mediocridade (metade sature, metade inacción)
Ti estás totalmente preparado para nada facer nin molestarte en dar a entender que engoles tanto absurdo coma min e non agardas nada a cambio
Nin unha mínima repercusión nos teus sofisticados sistemas de control
A non ser pequenas descargas eléctricas que non podes deixar de sentir, nin podes explicar, nin ninguén che falou nunca nada delas
E ti séntelas concéntricas
Expandíndose e dilatando
Os complicados circuitos cheos de neón
Do teu malpocado corazón

VIII

E a causa desta avaría é múltiple e  confluente
Tendes a un centro como toda a arquitectura dunha árbore harmónica
E logo desprázaste sinuoso como un bonsai
E hai pólas preguiceiras que se deixan abalar ao azar
E poste a tapar fendas
Nas primitivas terras
No xeito de  arar
No xeito de  sementar campos descoñecidos
Pequenas veigas aínda novas para ti
Terreíños, recunchos perdidos,
Pegureiro a sentir o beo das estrelas

IX

E así descríbote imposible
Cun estilo, un ton e unha mensaxe indecodificable
A non ser pola súa lóxica interna
A propósito da cal non teño pensado engadir nin unha palabra máis



mestre, que é arte?
todo o que significa algo e tamén o seu contrario así como calquera outra cousa ao mesmo tempo



03/05/11

POLOS COLLÓNS DE MAHOMA!



AGRADECEMENTOS A

Os collóns de mahoma

son nada
comparados
coa valentía moral
que lle botan á vida
moitos homes
e moitas homas

firma: o indio fernandes, croatán 

texto recollido de A gran revista intergaláctica sen fotos para a liberación da muller musulmana e a extinción dos sultáns (1)


(1) por se alguén dubida da existencia de tal revista informo que me acaba de caer outro enlace raro raro







Poema de amor

 La voz de Galicia, hoxe, columna na contraportada



Columna para enviar a (...) Miña lúa, miña flor, meu vento. 
Respiro porque ti respiras, es o meu aire, o milagre de cada día. 
Se non fose polos teus dedos, cando me tocan, sentiríame xelo frío deserto xelo. 
Es a miña historia de amor, este maio que acariña cada hora, o sol que espero, 
a noite coas súas estrelas caendo céleres, rápidas, cruzando o firmamento 
como os teus ollos grandes. Os teus ollos, sempre os teus ollos. 
Es o recanto onde todas as dores teñen fin e todas as risas principio. 
En ti nace a auga que non leva ao mar, 
que queda para alimento de reiseñores xílgaros miñatos. 
Lago onde naufragan todas as libias traxedias. 
Man que alimenta, man que sostén, man que me levanta. 
Verso único entre os versos, palabra derramada no meu sangue, alivio. 
Sosego cando o meu desasosego crava o seu puñal no meu adentro. 
Envíoche esta columna como un exorcismo, unha conxura 
contra todos os demos e todas as depresións. 
Se ti estás, nunca vai frío. 
Crece como bolboreta o teu alento no medio do mundo e as súas mentiras. 
Doce elixir, apócema máxica, consolo. 
Ti traes a fortuna á miña vida, pelexas co azar cando o azar díscolo pretende derrotarme.
Ti lavas todas as lágrimas. 
Cando estás cerca non hai dor e o verbo sufrir non sabe conxugarse. 
Quérote porque a miña vida sen ti é Nada. 
Esa Nada caprichosa que sempre quere borrar as ilusións, as ganas de vivir, 
sempre estas ganas de vivir, inmensas. A vida, contigo. 
Pretendo conservarte cada minuto. Chove cando te vas. 
Pero, no regreso, ábrense todos os ceos para de 
par en par rir, contentos luminosos atentos. Quérote máis cada día que pasa. Por ti existo.



 de X.Carlos Caneiro para un mundo de xente que cremos na forza combativa do amor en presente

03/04/11

IN / OF UF!

O MAR

IN
o mar é unha peneira
que só deixa pasar a vida


OF
o mar é unha tumba aberta


IN/OF
o mar é un aliado non precisamente
INOFensivo


20/03/11

Puto Coke - Ga-a-l-ego






luar

baixo pola túa ollada sen ollos
como a lúa, neve no corazón,
lentamente
polas flores da cerdeira


sakura: flor de cerdeira




19/03/11

EN 4ª PERSOA

O Sena, o Rhin, o Manzanares, o Tamesis, o Volga
xeran lama ominosa
http://www.alexrovira.com/cat/video2.html

05/03/11

FONTANERÍA PREVENTIVA

CABLEGRAMA DENDE A FIN DO MUNDO


1


Os encontros parece como se estivesen xa todos pactados de antemán. Tanto ten se os percibimos ou non.
A enerxía busca transformarse en enerxía; 
toda eiva, toda perda, toda mutilación quedan descartadas. 
O perdón a un mesmo vólvese  perdón universal. 
O amor a un mesmo vólvese amor por todo, amor total.






2


Deconstruíndo o presente
reformularemos o pasado
para que medre a herba
nas ruínas do futuro




3


REAL...IZAR     FACER...REAL




capeando o temporal



22/02/11

MUROS PARLANTES

Sonsono

souben 
o que tiñas de min
cando te ollei na alma
e atopei o silencio
que vive nos peiráns
nos que ninguén embarca
para ningures

Fermín Bouza Álvarez: O tempo na auga, Xerais, 1985

03/02/11

PARÁFRASES DO AMOR

" O que o amor ten de aburrido é o feito de ser un crime, para o cal se necesita un cómplice" Charles Baudelaire

http://listen.grooveshark.com/s/Adi+s+Lucerito+M+o/2vVYmy?src=5




O que os amores entre parellas humanas autolimitadas teñen de tráxicos é o feito de seren  crimes, para os cales se necesitan cómplices dos que acabamos sendo  vítimas. Anónima que nunca se aburre porque non lle dá a gana.


http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/12/xiga.html



http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/12/uberto-stabile-los-impostores.html


http://amarellesbravos.blogspot.com/2011/01/fabula-mitica-non-mitoloxica.html

http://amarellesbravos.blogspot.com/2011/01/parte-de-guerra-2.html

17/01/11

COLAXE

Tellado imposible da casa Batlló



  • Toda aldraxe aos demais ou a ti mesmo  vólvese de súpeto fermosa cando decides ignorala como un agasallo que rexeitas sen nin sequera tirarlle o lazo.
  • Se debemos desligar a relación espontánea que hai entre o xesto e o afecto, entre a palabra e o sentimento.....debemos tamén finxir as emocións? ou debemos ir anestesiados coma robots? OMMMMMM
  • Cando non podemos ser literais non queda máis remedio que sermos literarios
  • A literatura demostra en cada unha das súas manifestacións que todo é aquí, agora, sempre
  • A poesía, esquecida toda lóxica,  é matemática danzando frenética


Autopsicografia 

                                    
O poeta é um fingidor. 

Finge tão completamente
Que chega a fingir que é dor 
A dor que de veras sente. 


E os que lêem o que escreve, 

Na dor lida sentem bem, 

Não as duas que ele teve, 
Mas só a que eles não têm.

E assim nas calhas de roda 
Gira, a entreter a razão, 
Esse comboio de corda 
Que se chama coração.

                                                                        
                                                                                                            http://amarellesbravos.blogspot.com/2011/01/parte-de-guerra-2.html


05/01/11

CAÍDAS




                         Canto che durou o gozo?


                         Nada...o que tarda un neno
                         en caer a un .......
............
............
pozo!


e non sabes focar doutro xeito?


moi ben...pois un chisco máis
do que tarda un can
en caer 
e afogar nun.....
  .........
.........
pozo!