Amosando publicacións coa etiqueta Val del Omar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Val del Omar. Amosar todas as publicacións

29/04/12

José Val del Omar - Estampas 1932 / Scenes 1932






O CÉO ESTÁ AOS PÉS

O céo está aos pés, meu corazón
en soidade sonora submerso
en cero gravidade, firme firmamento.
Amor, divinamente eléctrico
amor prende amor por tientos
cos pés de punta e en silencio
glorieta, cúpula, cópula.
Para sentirse ceibe da náusea, o home necesita unha tensión
unha paixón, unha mística.
Fronte á sociedade encadrada, a sociedad animada
Entre infravermellos e ultravioletas, voz de sombra.
O mito contén o soño profundo.

Poemas de José Val del Omar in valdelomar.com







06/04/12

Venres Santo: con................paixón!





Un sector privilexiado da humanidade
semella facer turismo atómico
en precario
mentres as bombas de lixo
exploden  a   ra   len    tí
ao ritmo convulso
das galaxias




luz eterna











06/09/11

BUKOWSKIANA





SÉ AMABLE


sempre se agarda de nós
que entendamos o punto de vista
dos outros
sen ter en conta se é
anticuado
necio
noxento.


a un pídenlle
que entenda
amablemente
todos os erros dos outros
as súas vidas botadas a perder
canto máis se son 
de idade avanzada.


mais a idade é o único 
que conta.
volvéronse vellos
mal
porque
viviron
sen enfoque,
negáronse
a ver.
que non é culpa deles?


e logo culpa de quen?


miña?


pídeseme que oculte
a miña opinión
diante súa
por medo 
ao seu medo.


os anos que un ten non son un crime


pero a vergoña
dunha vida
botada a perder
a posta


entre tantas
vidas
botadas a perder
a posta


si o é.


do mesmísimo BUKOWSKI: 20 poemas, Grijalbo, Madrid, 1998


 amarellesbravos: CARALLO CO BUKO.....WSKI.....QUE MONADA!

manobras na escuridade: miraquemono!:


sicocartografías: SI, UNHA CUESTIÓN DE ESTILO




Val del Omar: Desbordamento. Colaxe

                 

03/09/11

DE QUE?



Val del Omar : Desbordamento. Colaxe


ASSIM DEVERA EU SER: Formiga bossa nova


nada é para sempre
e sempre hai unha 
permanente ameaza de nada
axexando
para
engulirnos

a eternidade palmouna

por fin puidemos liberala

semella que todo queda en mans
cronometradas
coroadas de reloxos relativos
mal sincronizados

uf! menos mal!

01/09/11

GREGORY CORSO: O feliz aniversario da morte




Val del Omar
Desbordamento, colaxe


TODA A VIDA É UN CLUBE ROTARIO

O coiro de hoxe é mostra da pel interior
A pel interior é vaidade a vaidade é a falta de amor
a vaidade é outra morte
Pensar é vaidade vivir unha horrenda vaidade
E aínda así a veloz chispa do home presenta respetos ao home

Todo home é UN neste triste
inharmónico estraño canellón sen saída


O home no bosque lonxe do home
A follaxe xace baixa verdegozo fascinante como unha nube
chega ata o mediodía e extende un negro coro
O soño baixa dun céo de taboleiro de xadrez e dirixe
 o oratorio que sen dúbida espirá o amor do home unha
bóla de serpes

Todo home é UN neste triste
inharmónico estraño canellón sen saída


Camiñei cun home   Atravesaba rúas como
unha pantera
Non parecián importarlle as panaderías  Tiña unha linda casa
pero non me convidou a entrar
Agochei no seu soto ateigado de libros rillados polas
ratas
e á luz do forno lin sobre as criaturas procurando unha verdade

Todo home é UN neste triste
inharmónico estraño canellón sen saída


Escoitei un humano dicir a un humano sé humano
A miña imaxinación fixo cábalas a cerca do monstro que hai en min
aquilo que no home hai que non é humano
O crebacabezas a inmolación premeditada
Cada ser autocontido enzafirado.

GREGORY CORSO: O feliz aniversario da morte, 1960


sicocartografías: LUZ ROTA

28/03/11

POSIBILITAR O IMPOSIBLE / PLAT Val del Omar




proposta  PICTO LUMÍNICA AUDIO TÁCTIL


http://naranjasdehiroshima.blogspot.com/2010/10/val-del-omar.html  neste enlace atoparás abundante información sobre o artista, así como a triloxía completa.

22/03/11

Aguaespejo / Tríptico elemental de España (Granada)



http://www.valdelomar.com/pdf/sem/sem_13.pdf

http://v.youku.com/v_show/id_XMjE1NTgxNDY4.html neste enlace podes ver Aguaespejo completo.

Se che interesa ver a vídeo FUEGO EN CASTILLA, pincha aquí :


En España todas las primaveras viene la muerte y levanta las cortinas. Federico García Lorca



20/03/11

José Val del Omar - Acariño Galaico 1/3







guerra al miedo y a la mierda!



TALLADAS

estás nunha praia
ti e máis xente
é case noite
a praia é pequena
ten forma de cuncha e moitos penedos
caes na conta  que chegastes alí fuxindo de algo
sodes un grupo de fuxidos


soa un teléfono 
incrustado nunha das rochas
que a marea baixa deixou en seco
descolgas e alguén che fala


diche que tendes que liscar de maneira rápida e clara
unha patrulla saiu buscarvos e segue  o voso rastro


dáslle as grazas por avisar
a voz descoñecida ten algo familiar
a maneira de enfiar as palabras
antes de colgar preguntas con quen falas
a voz contesta: con ninguén,
escapa!