Amosando publicacións coa etiqueta respostas impertinentes b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta respostas impertinentes b>. Amosar todas as publicacións
28/05/13
OS SICÓPATAS NEGOCIAN CON ARSÉNICO
Un só gramo de arsénico pode matar varias persoas
e para extraeren o ouro da terra
necesitan usar toneladas dese veleno.
O inimigo está aquí,
goberna cos nosos votos e coa nosa compracencia,
destrúe o noso territorio,
e dános de comer ostias contaminadas e contaminantes.
Usan o noso patrimonio en pedra
como postes para os seus anuncios noxentos,
os nosos montes
para zonas de adestramento de cans de caza
e como vertedoiros descontrolados.
Mentres
a radio e a tv autonómicas
fan publicidade dos velenos químicos
como algo positivo
para a terra e a xente,
recomendan aos pequenos propietarios
que confíen en ENCE
como comprador seguro
da madeira de eucalipto,
vivo ou asado, tanto ten
falan de capital humano,
mercantilizan todo,
e diríxense aos espectadores e oíntes
como se fosen idiotas
no medio dun bombardeo publicitario
imbecilizante, imbecilizador e paralizante
As nosas AUTORIDADES AUTONÓMICAS sofren de catatonia aguda,
de vampirismo abrouxante,
de baba perpetua
de cobiza asfixiante.
Señores, este é o vello reino dos MOINANTES.
Estanse recollendo asinas en contra da explotación mineira contaminante en change.org
Etiquetas:
ananismos,
anónimo,
contrapublicidade,
respostas impertinentes
30/07/12
Renzo Novatore: PENSIERI
LE MIE SENTENZE
(dal taccuino dei miei pensieri intimi)
(da «Iconoclasta!», Pistoia, n. 12, 15 ottobre 1920)
DIO -
Parto di fantasie malate.
Abitatore di cervelli senili e impotenti.
Compagno e confortatore di spiriti rancidi nati alla schiavitù.
Cocaina per isterici.
Pillola per menti stitiche chiuse al sapere.
Marxismo per cuori rammolliti.
UMANITÀ -
Parola astratta con senso negativo, gonfia di forza e priva di verità.
Maschera oscena appiccicata sul viso turpe e laido di volgarissimi furbi per dominare il volgo grossolanamente sentimentale degli idioti e degli imbecilli.
PATRIA -
Ergastolo spirituale per semi - intelligenti,stalla dell’imbecillità,
Circe che tramuta in cani e porci i suoi adoratori.
Bagascia dei suoi padroni e ruffiana dello straniero.
Mangiatrice dei suoi figli, calunniatrice dei suoi padri e schernitrice dei suoi eroi.
FAMIGLIA -
Rinnegazione dell’Amore, della Vita e della Libertà.
SOCIALISMO - Disciplina, disciplina: Ubbidienza, ubbidienza: schiavitù ed ignoranza gravida di Autorità.
Il socialismo è un grosso corpo borghese contenente una volgarissima animaccia cristiana.
È un impasto di feticcismo, di settarismo e di vigliaccheria.
ORGANIZZAZIONE, CAMERE, SINDACATI -
Chiese per impotenti.
Monte di pietà per pidocchi estracci.
Molti vi sono affiliati per vivere parassitariamente alle spalle dei loro gonzi compagni tesserati.
Parecchi per fare la spia.
Qualcuno, i più sinceri e credenti- poveri ingenui! - per andarsene in galera ad espiare la vergognosa vigliaccheria di tutti.
Il grosso della massa, per pagare, sbadigliare ed attendere.
Monte di pietà per pidocchi estracci.
Molti vi sono affiliati per vivere parassitariamente alle spalle dei loro gonzi compagni tesserati.
Parecchi per fare la spia.
Qualcuno, i più sinceri e credenti- poveri ingenui! - per andarsene in galera ad espiare la vergognosa vigliaccheria di tutti.
Il grosso della massa, per pagare, sbadigliare ed attendere.
SOLIDARIETÀ - È il macabro altare sul quale i commedianti di ogni risma salgono a mettere in evidenza le loro qualità sacerdotali e a recitare abilmente la loro messa.
È qualche cosa che il beneficiato non paga mai meno del cento per cento in più della vergognosa umiliazione.
AMICIZIA -
Fortunato colui che ha potuto bere a questo calice senza sentirsi lo spirito offeso e l’anima
Fortunato colui che ha potuto bere a questo calice senza sentirsi lo spirito offeso e l’anima
avvelenata.
Se uno di questi uomini esistesse lo pregherei caldamente a volermi inviare la sua fotografia.
Sarei quasi certo di vedermi giungere la faccia di un idiota.
AMORE -
Frode della carne a danno dello spirito.
Frode della carne a danno dello spirito.
Malattia d’anima, atrofizzazione del cervello, sdilingumento del cuore, corruzione dei sensi, menzogna poetica in cui mi ubbriaco due o tre volte al giorno, ferocemente, per poter consumare più presto questa mia cara e pur così stupida vita.
E poi, in fondo, preferisco essere ucciso dall’Amore.
È l’unico farabutto - dopo Giuda -che sappia uccidere ancora con dei baci.
E poi, in fondo, preferisco essere ucciso dall’Amore.
È l’unico farabutto - dopo Giuda -che sappia uccidere ancora con dei baci.
UOMO - Un sudicio impasto di schiavitù e di tirannia, di feticcismo e di paura, di vanità e di ignoranza.
La più grande offesa che si possa dare a un asino è quella di chiamarlo uomo.
DONNA - La più brutale di tutte le bestie schiave. La più grande vittima che striscia sulla terra.
Ma la più colpevole - dopo l’uomo e il cane - meritevole di tutti i suoi guai.
Sarei da vero curioso di sapere cosa pensano di me quando le bacio...
Ma la più colpevole - dopo l’uomo e il cane - meritevole di tutti i suoi guai.
Sarei da vero curioso di sapere cosa pensano di me quando le bacio...
O ciniche prostitute, o espropriatrici audaci, ergetevi voi sopra la putredine ove il mondo sta immerso e fatelo impallidire sotto la luce perversa dei vostri grandi occhi profondi.
Voi siete il sole più bello che oggi il sole bacia.
Voi siete di un’altra razza.
E l’anima vostra è un canto, un sogno la vostra vita.
Voi siete di un’altra razza.
E l’anima vostra è un canto, un sogno la vostra vita.
Scardinate il mondo o libere prostitute, o espropriatrici audaci. Io canterò per voi. Il resto è fango!
O texto non necesita moita tradución, se a inclúo é por puro pracer recreativo, pesca deportiva:
AS MIÑAS SENTENZAS
(Do caderno dos meus pensamentos íntimos)
DEUS
Parto de fantasías enfermas.
Habitante de cerebros senís e impotentes.
Compaña e consolo de espíritos rancios nados na escravitude.
Cocaína para histéricos.
Pílula para mentes estreñidas pechadas ao saber.
Marxismo para corazóns amolecidos.
HUMANIDADE
Palabra abstracta no peor sentido, inchada de forza e carente de verdade.
Pegañenta máscara obscena no rostro vil e feo de vulgarísimos raposos para dominar o rabaño extremadamente sentimental de idiotas e imbéciles.
PATRIA
Cadea espiritual para semi-intelixentes, táboa rasa da imbecilidade, Circe que transforma en cans e porcos os seus adoradores.
Cadela dos patróns e proxeneta do extranxeiro.
Devoradora dos seus fillos, calumniadora dos seus pais e escarnecedora dos seus herois.
FAMILIA
Negación do Amor, da Vida e da Liberdade.
SOCIALISMO
Disciplina, disciplina.
Obediencia, obediencia.
Escravitude e ignorancia grávida de Autoridade.
O socialismo é un obeso corpo burgués recheo dunha vulgarísima alma cristiá.
Mestura de fetichismo, sectarismo e covardía.
ORGANIZACIÓNS, CÁMARAS, SINDICATOS
Igrexas para impotentes.
Monte de piedade para piollos esmagados.
Moitos afílianse para viviren parasitariamente a conta dos inxenuos compañeiros.
Moitos para faceren de espías.
Algúns, os máis sinceros e crentes -pobres inxenuos-para acabar no cárcere por axexar a vergoñenta covardía de todos.
O groso da masa, para pagar, abrir a boca e agardar.
SOLIDARIEDADE
É o macabro altar sobre o cal comediantes de todo tipo amosan as súas cualidades sacerdotais e recitan habilmente a súa misa.
Algo que o beneficiario acaba pagando a máis do cen por cen en forma de vergoñenta humillación.
AMIZADE
Afortunado quen puido beber deste cáliz sen sentir o espírito ofendido e a alma envelenada.
Se alguén así existe rogaríalle encarecidamente me enviase unha foto. Estou seguro que daría de fuciños coa cara dun idiota.
AMOR
Fraude da carne e dano do espírito.
Doenza da alma, atrofiamento do cerebro, colapso do corazón, corrupción dos sentidos, engano poético no que me emborracho dúas ou tres veces ao día, ferozmente, por consumar canto antes esta miña querida e sen embargo estúpida vida.
Pero, con todo, prefiro morrer de Amor.
É o único canalla- despois de Xudas- que sabe aínda matar cun par de beixos.
HOME
Noxenta mestura de escravitude e tiranía, de fetichismo e de medo, de vaidade e de ignorancia.
A maior ofensa que se lle pode infrinxir a un asno é chamalo home.
MULLER
A máis brutal de todas as bestas escravas.
A máis grande vítima que anda sobre a terra.
Pero tamén a máis culpable -despois do home e o can- merecedora das súas angurias.
Sería de veras curioso saber o que pensan de min cando as beixo.
Oh, cínicas prostitutas, oh, expropiadoras audaces, erguédevos sobre a podredume en que o mundo está inmerso e facédeo palidecer baixo a luz perversa dos vosos grandes ollos profundos.
Sodes o sol máis belo que hoxe o sol beixa.
Sodes doutra raza.
A vosa alma é un canto, un soño a vosa vida.
Desquiciade o mundo, oh, libres prostitutas, oh, expropiadoras audaces.
Cantareino para vós.
O resto é fango!
Etiquetas:
dálle que non mira,
Renzo Novatore,
respostas impertinentes,
traducións
22/05/12
VENCEREMOS NÓS | a represión ao metal e o proceso a Antolín Alcántara
A INDIGNACIÓN NON É PATRIMONIO DE NINGUÉN E ACAMPAN OS QUE PODEN
Parece que de europeos non temos máis que a policía en común.
Pregúntome se o uniforme policial antidisturbios non sería deseñado nos despachos de Bruxelas ou de Alemania, visten igual en Atenas que en Vigo que en París, semella que deron co deseño universal para a represión.
E que os indignados baben por aí non sei que mamonadas sobre os sindicatos que convocan manifestacións coincidindo coas convocatorias anónimas do 15M para rebentarllas.....dá noxo.
Como se a indignación non fose patrimonio de todos, como se todos tivesemos que levar máscaras a collóns!
Fronte as vosas mascariñas de bonecos virtuais aí tendes homes con cara e nomes e apelidos enfrontando a policía e o aparello xudicial e o que faga falta contra a falta de xestión e incompetencia das pantasmas.
21/05/12
Lixo atómico
- COLECTIVIZACIÓN DA MORTE EN MASA a moi pero que moi longo prazo. Negociazo para a industria funeraria, o que non sabemos é quen vai contar as ganancias nin en que condicións o fará, nin para que carallo as quere.
- CLONACIÓN POR XERACIÓN ESPONTÁNEA DO SILENCIO MORDAZA entre os sobrevivintes que naufragarán nun mar de dúbidas sobre este ou calquera outro tema. Sospeita xeralizada de que aquí non safa nin a caridade.
- CULTIVO INTENSIVO DA IGNORANCIA PROGRAMADA en plans de estudos que nada teñan que ver con e alenten a ilusión de que un sempre pode colocarse entre os mellores ou mentalización progresiva de que o mellor é deixarse ir na avalancha do pelotón dos torpes onde nada do que sucede ten absolutamente que ver comigo
- NEGALO TODO, OBVIALO Política intensiva de feitos consumados.
- HIPOTECADO O FUTURO POR DIRIXENTES SEN CARA, plan de deshaucio:
- auga imbebible a prezo de ouro.
- terra estéril, de comida metacrilato liofilizado. de postre un parrafeo en facebuk e de merenda un tuiteo. nada de libros
- chuvia ácida intermitente. misteriosa desaparición dos paraugas da vida pública. calquera paraugada privada será considerada ilegal
- petrificación da masa visguenta dos caracois para a súa posterior museización e visionado en 3D
- reconversión dos peixes híbridos resultantes das mutacións sen control en escamas fosforescentes con sabor a aletas de neopreno para fariña comprimida en cómodas cápsulas de penso para o gando e para todos aqueles que insistan en facer o ganso ración única de paté de fígado de bacallau deprimido
- neve cálida e sobre todo calada
- programación minuciosa das vacacións dos que se coidan privilexiados en doses controladas de satisfacción. material base para a reprogramación
- REPRESIÓN DE CALQUERA TIPO DE PROTESTA CON OSTIAS DE GOMA CONSAGRADA
- PROHIBICIÓN TERMINANTE DE CALQUERA TIPO DE SENTIMENTO DE FELICIDADE que non estea regulada pola farmacia con presentación de receita previo pus mental con evidencias tanxibles
- AGOCHAMENTO DE TODO RESULTADO QUE DEA NEGATIVO en calquera tipo de estudo ou investigación
- ENTERRAMENTOS CON PROCEDEMENTOS ALTAMENTE TECNOLÓXICOS E SOFISTICADOS NO NÚCLEO TERRÁQUEO. MIRAR A VER QUE PASA. Os que veñan detrás que se safen.
- CONCLUSIÓNS CATEGÓRICAS E CONCLUÍNTES: SE NON PODEMOS VERQUER OS BIDÓNS AO MAR, SUPRIMAMOS OS BIDÓNS. En Bretaña estanse verquendo resíduos nucleares directamente ao mar por medio de tuberías chulísimas e NON PASA NADA! Se total alí a auga está moi fría e non se baña ninguén! E os peixes? Nada! nin se enteiran!
- PAUSA PUBLICITARIA: " Búscanse patios de luces abandonados para a construción de minicemiterios nucleares. As comunidades de veciños sairán economicamente moi beneficiadas, moito máis que coas aparatosas instalacións de antenas para telefonía móbil. Teñan sempre presente que isto só é un enterramento, que non se ve nada e ademáis consideren o gratificante que debe ser durmir ao quentiño enriba dun polvorín"
- POIS ALA! XA QUEDAN INFORMADOS. QUE NON SE DIGA QUE NESTE MUNDO ANDAMOS CON CHIQUITAS Á HORA DE FACER CIRCULAR A INFORMACIÓN.
Para máis información, en vez de perder o tempo mirando para o tv, bótelle unha ollada a algún vídeo sobre o tema se é que aínda non decidiu apagar dunha vez por todas o bendito ordeñador
28/12/11
REBOBINADOSICODÉLICO
IN VOO618
SOIDADE DE DESEÑO
supoñíase que perdendo toda referencia tribal e familiar
iamos gañar un milleiro de irmás e irmáns descoñecidos
pero eu só percibo unha nova fórmula (ben sofisticada) de
isolamento e
unha morea de fillos de puta
montando coa frustración de deseño
negocios de tapadiño
no centro do caos.
Etiquetas:
repostas sensatas,
respostas impertinentes,
videos
24/12/11
fekich navidá / fekich navidá / próspero ano ratatatá
MAYBE LOGIC
VIDA E PENSAMENTOS DE ROBERT ANTON WILSON
PARTE I
1-TÚNELES DE REALIDADE
Todos vostedes abstraen unha realidade diferente.
Cando entras nun cuarto, abstraes a realidade que estás preparado para abstraer.
Ti captas os sinais que che interesan. O teu cerebro grávaos e organízaos.
Todos temos o noso propio túnel de realidade, e no noso túnel de realidade eliximos algunhas cousas e ignoramos outras. Temos dez mil millóns de células no noso cerebro recibindo centos e centos de millóns de sinais todo o tempo. Só escollemos as que encaixan nas fendeduras establecidas anteriormente no noso cerebro. O túnel de realidade queda establecido por experiencias pasadas.
Todos temos o noso propio sistema de crenzas, e os sinais que se axustan ao noso sistema de crenzas , entran.
Os sinais que non se axustan ao noso sistema de crenzas son ignorados, ou se seguen volvendo, imos a un psiquiatra para que nos cure e os faga irse.
2-SINTONÍAS
3- MUTACIÓNS
Ben, para citar a Bucky Fuller, parezo ser un verbo. Non podo encontrar un RAW constante. Semella ser un proceso cambiante todo o tempo.
Certamente, non son o tipo que era aos 40. Certamente, non son o rapaz que fun na escola católica aos 7 ou 8 anos.
Empecei nun pequeño gueto católico irlandés en Brooklyn ou Long Island, non me lembro. E dalgunha maneira, viaxei dende Maui no Leste ata Berlín no Oeste, o que é a metade das zonas horarias do planeta. E sinto que, da mesma maneira que expandín a miña viaxe no espazo, tamén expandín a miña viaxe a través do mundo das ideas. Non podo crer que comezase coma un bo rapaz da escola católica.
Seguramente houbo bos momentos. Pero cando penso na miña infancia, só podo lembrar o asustado que estaba das monxas da escola á que ía, o sádicas que eran. Había moito misterio e ambigüidade respecto de todo. Tal vez é por iso que hai tanto diso nas miñas novelas.
Os adultos nunca lle daban unha resposta a un neno de nada. Todo eran mentiras, hipocresía, evasións. Eu sabía que pasaba algo que me estaban ocultando e iso asustábame. Non estaba moi seguro de que era. Pode relacionarse co Lobishome ou o monstro de Frankestein, eu non sabía que demo era. E non confiaba neles para nada. Nun momento dado, sobre os 7 ou 8 anos, admitiron que non existía Santa Claus. Apenas aínda recuperado do shock, o meu seguinte pensamento foi: “cando van admitir que non existe deus? Nunca o fixeron. Volvín crer en deus baixo as malleiras e os golpes das monxas, ata máis ou menos os 13 anos.
Era un neno obediente, todo o mundo está de acordo. Toda a xente que podo lembrar da miña nenez.
Comecei a rebelarme na miña adolescencia. Estoume rebelando máis cada ano. Lembro que sobre os 14 ou 15, outro non crente e máis eu, no Tecnolóxico de Brooklyn, discutimos cun estudante que aínda era católico. E el dixo: “Se ti realmente cres o que dis, terías a coraxe de pedirlle a deus que te fulminase agora mesmo para probar que el non existe?” Por un minuto, asusteime ata que o fixen e non pasou nada, e sentinme totalmente liberado: “Vai á merda, non estás aí despois de todo!” Ese foi un gran momento de liberación que case non lembraba ata agora. Foi un momento decisivo moi importante na miña vida.
Brindo polas monxiñas, por dicirme que libros non debía ler!
5. DISCORDIANISMO
Gafas, testículos, brandi, cigarros, todos vostedes son papas.
Todos vostedes son absolutamente infalibles.
Teño a autoridade de nomear a calquera un papa discordiano, porque son un papa discordiano.
A 1ª regra despois de te converteres nun papa discordiano é a de excomulgar a cada papa discordiano que se che poña diante. Isto baséase nun principio discordiano básico: “Nós, os discordianos, debemos permanecer enfrontados”.
Os discordianos non temos dogmas, que son crenzas absolutas. Temos CATMAS, que son metacrenzas relativas. E ….o catman discordiano central é, como antes dixen, que calquera afirmación:
é verdadeira nalgún sentido e falsa nalgún outro sentido
sen sentido nalgún sentido
verdadeira e falsa nalgún sentido
verdadeira e sen sentido nalgún sentido
falsa e sen sentido nalgún sentido
e verdadeira e falsa e sen sentido nalgún sentido
e se repites isto 666 veces, acadarás iluminación suprema nalgún sentido!
Na actualidade hai, aproximadamente, 12 millóns de papas discordianos. Orixinalmente, Malaclypse o Novo, o fundador do discordianismo, tiña tarxetas impresas e entregáballelas a todos os que se poñían diante, converténdoos en papas. E logo eu imprimín a tarxeta papal na Triloxía dos Illuminatus. Pero daquela eu estaba vivindo en Irlanda e o papa veu ao bar Phoenix. E anunciou, ese tipo que pensa que é o único papa, anunciou que os bispos podían dar indulxencias a través do TV. Iso era novidoso na doctrina católica. E veume unha idea: ben, se eles poden impartir indulxencias no TV, eu podo facer pontificacións. E así, en vez de distribuír tarxetas, cada vez que eu estiver na radio ou no TV, convertiría en papas a toda a audiencia. Eventualmente, convertiriamos en papa a cada home, muller e neno sobre o planeta.
A maioría das persoas toman a serio de máis a si mesmas, polo cal actúan de maneira malditamente idiota. Uso a palabra maldito principalmente polo efecto paradóxico.
Tamén son budista, daoísta e confuciano, así como tamén discordiano, subxenio e bruxo
Vou anunciar oficialmente que todos nesta sala son agora papas discordianos coma min.
Gafas, testículos. Brandi, cigarros.
Todos vostedes son absolutamente infalibles e non toleren parvadas de ninguén
Ben, son un papa ordenado na igrexa dos subxenios, o que significa que son absolutamente infalible, así que non te atrevas a contradicir nada do que eu che diga. No tocante á miña relación con Ivan Stang, nego todos os rumores.
Lembra, soamente es infalible respecto do teu propio sistema nervioso. Ti sabes o que ocorre no teu propio sistema nervioso, as realidades que estás creando a partir das infinitas bandadas do ser. No sabes nada da realidade de ninguén máis a non ser que che conten sobre ela. Tes que escoitar con moita atención e comprensión para entenderes. Así que é unha infalibilidade limitada.
6. FÍSICA CUÁNTICA
Ela quere saber que é a física cuántica.
Que?
A física cuántica. Explícaa de maneira simple, pide ela.
Que explique a física cuántica de maneira simple? Ummmmm
Cando me mudei de Los Ángeles, mudei ao que coidei que era Santa Cruz. Sucedeu que roubaron algo do noso auto e chamamos á policía, e resultou que non viviamos en Santa Cruz, viviamos nunha cidade chamada Capitolia. A oficina de correos coidaba que viviamos en Santa Cruz mais a policía coidaba que viviamos en Capitolia. Empecei a investigar e un xornalista dun xornal local díxome que non viviamos nin en Santa Cruz nin en Capitolia, viviamos nunha zona non incorporada chamada Live Oak. Agora, a mecánica cuántica é iso excepto que no caso de Santa Cruz, Capitolia e Live Oak non andamos demasiado trabucados se lembramos que nós inventamos os límites dos mapas. Mais a física cuántica semella confusa porque moita xente cre que nós non inventamos os límites , por iso parece difícil entender como unha partícula pode estar en tres lugares ao mesmo tempo sen estar en ningures. Pero se tes en conta que inventamos todas as fronteiras e límites como o muro de Berlín, entón a física cuántica non ten máis misterio que o feito que eu viva en tres lugares ao mesmo tempo. Ningún chinés criado no I Ching viu nunca nada raro na física cuántica; soamente resulta estraña para a xente criada na lóxica aristotélica en que as cousas ou ben son A, ou non son A. No I Ching as cousas son A e non son A ao mesmo tempo.
7. TODO DEPENDE DOS APARELLOS
Coa mecánica cuántica podes probar experimentalmente que a luz está composta de partículas.
Podes construír unha teoría matemática enteira sobre como a luz viaxa en pequenas partículas chamadas fotóns e podes facer experimentos, e os experimentos daranche un patrón que amosa que a luz viaxa como partículas.
Tamén temos elaborada toda unha teoría matemática que amosa que a luz viaxa como ondas e temos experimentos que che demostran que efectivamente a luz viaxa como ondas.
Como dixo un físico nos anos 20 “Semella que a maldita luz agarda como imos facer o experimento e logo decidise a forma en que vai viaxar”.
Srchördinger dixo: “ Desexaría non terme involucrado nunca con esta charlatanería cuántica de merda, ese maldito salto cuántico”.
A opinión modificada de Copenhague é que a luz non é nin ondas nin partículas ata que miramos e daquela axústase dependendo co que a esteamos mirando.
Un electrón non está en ningures ata que nos poñemos a buscalo e cando o atopamos, o electrón decide estar nun lugar mentres o observemos. Nada máis deixamos de mirar, o electrón está en todos lados outra vez.
Cada modelo que facemos infórmanos de como traballa a nosa mente tanto como nos informa sobre o Universo. Estes son só xogos simbólicos humanos. O Universo mesmo é máis grande que calquera dos nosos modelos.
De acordo co budismo Zen e coa maioría das formas de budismo e coa mecánica cuántica, calquera descrición do universo que te deixe fóra é inexacta, porque calquera descrición do Universo é unha descrición do instrumento que usas para facer a túa medición do Universo. E se o único instrumento que usas é o teu propio sistema nervioso, tes que incluír o teu propio sistema nervioso na túa descrición do Universo.
Daquela, ergo, calquera modelo que fagamos non describe o Universo, describe o que os nosos cerebros son quen de dicir nese momento.
Toda percepción, pois, é unha aposta.
Addenda da autora: .....E TODO O MUNDO SABE O QUE PASA COAS QUINIELAS...SEMPRE TOCAN.....PERO NON A NÓS.
Demostración literaria da teoría de RAW:
:http://amarellesbravos.blogspot.com/2011/01/gran-conquista-de-granada.html
Etiquetas:
metalingüÍstica,
RAW,
respostas impertinentes,
tixolos no muro,
traducións
30/11/11
TREBOADA SEN PANTALÓNS
![]() |
| lenda sobre o fascismo e as bonecas inchables |
Señores, consumidores varóns,
PROMÍSCUOS BARÓNS
de monóculo mental bipolar,
queremos ofertarlles unha gran promoción:
A BONECA INCHABLE!
rechea de aire, toda ela son vantaxes:
- non deixan pelos
- están sempre caladas
- a cabeza lévana de floreiro e nela é incapaz de agromar nin unha soa flor
- veñen limpas de celos ou de calquera outro sentimento de Poseidón
- pódense socializar e facer delas un uso comunal
- adoran ir ao hipermercado en coiro vivo e con tacóns
- se vostede é fetichista, hainas con bragas amarelas incorporadas
- nunca aparecen de repente
- un sempre sabe o que fan sen necesidade de telefoneos
- se se coidan, duran para sempre ( recomendamos as de plástico-látex hiperelástico)
- nunca fallan
- son un investimento para toda a vida
- constitúen a máis tenra herdanza que vostede poderá deixar..... a un sobriño, por exemplo.
Se vostede ten crédito abondo, poderá adquirir en cómodos prazos un paquete especial con media dúcea e formar un humilde harem doméstico, unha para cada día da semana, e o Domingo a descansar de tanta felicidade adquirida practicamente pola cara bonita.
Considere seriamente a nosa oferta
e, se atopa algo mellor,
devolverémoslle os cartos
ou un cheque regalo
que poderá vostede intercambiar
por calquera outro produto
do noso SEX-SHOK.
29/11/11
A POESÍA COMO ESPECTÁCULO / por que non?
Certo que esta muller é narcisista escribindo,
o seu é un narcisismo de corte fantástico
iso está mellor que ben
pero moito mellores aínda son os seus dotes interpretativos
autointerprétase amplificando o poema
sen estragalo
todo o contrario
recitado por ela
o texto gaña
e iso vale un potosí.
Os comentarios despectivos sobre o estilo de Iolanda
meten medo e dan pena
son pura envexa (1)
envexa e certa animadversión
enfermiza
por todo o que teña
tintes femininos de máis
e demasiado galaicos.
Parabéns, Iolanda,
por devolver a túa propia imaxe
elevanda á máis alta potencia.
E a quen lle foda
que lle siga fodendo.
Debo estar posuída por algún trasno doméstico
ultimamente non fago máis
que escribir con tacos
debe ser porque paso de taconeos
macabros
e a min que!
(1) se a envidia fose tiña / todos eramos tiñosos / pero como non o é / somos todos uns casposos.
Etiquetas:
Iolanda Castaño,
poesía galaica,
poesía visual,
respostas impertinentes,
videos
11/09/11
SULTANOLANDIA
| SÓ DA AREA |
APUNTAMENTOS DENDE SULTANOLANDIA
Acabo de ler na rede un pequeño informe fantasmal e pantasmagórico sobre unha megaerección mental que mete medo e dá bastante pena, mesmo parece que está redactada co pene.
Coméntolla ao meu amigo, o Indiofernándes, que non sabe ler nin escribir. E pídeme por favor que copie o que me vai ditar a continuación en galego estropagoso, porque está de resaca e ten vontade de usar un idioma que non sexa demasiado internacional, non vaia ser que algunha alta torre veña abaixo e levemos todos outro susto
Agardo quezte zeñó hiperdezenvolvido zezualmente non reciba a vizita
milagroza dunha novicia cantando eztilo gregoriano.
A zúa reakción pode zé máiz que previzible, aínda que dubido que dezpoiz de pazá pola quilla unha vampideza e unha tenra infanta lle quede aínda potencia pa nada máiz. Claro que o falá non ten cancela e a vampideza eza e a mociña non deben ter máiz entidade que a literaria. E za non digamoz o repertorio de suztancia peleona que lle meteu. Algunha creo que nin apadece no manual de ezcojotao, que é o máis ezauztivo que coñezo. Pedo po dió, como ze pode coá nun tezto unha nena follando e aquí non paza ná?. Como ze pode traficar con imaxes( zezan ou non literarias) de zexo con neno e adolecente con tanta alegría? Hai que eztá domao, hipermegacivilizao pa concebir eze enxendro e penzá que o imo tomá con indiferenza coma quen toma café decafeinao. É irritante e xega a dezquiciante penzá que noz poden vendé eza merda como anarquía. Debe zé a anarquía de granxa comunal, con erecciónz dezcomunaiz!
firma: Indiofernándes
A redactora non se fai responsable do ton e o estilo empregado neste comunicado, e moito menos da variante lingüística utilizada. Agora si, apoia a maior parte das teses que o Indiofernandes manexa; é máis, a autora , agora xa si, vai implementar da súa colleita o que aquí se defende. Aí vai:
SULTÁNS SOLTOS
En cuestións sentimentais
nunca é recomendable darlle cancha a un sultán
Hai unha chea deles soltos
Desprezan as mulleres
Envexan a súa capacidade ilimitada de pracer
E aseguran que para estar completas
Necesitan do falo masculino
- que inxenuidade!-
Nunca perden ocasión de ningunealas
Sen reparar en medios
E cando as súas dignidades
Se rebaixan a falar con elas
Trátanas como se fosen
Imbéciles de nacemento
Quede ben clariño que falo de homes
Con actitudes sultanescas
Non do resto
Que seguro que os hai
O caso é dar con eles
04/08/11
GANAS ME DAN DE TROUSAR
Este pandeiro que toco
por moito que repenique
non teñas medo que rache
que é de coiro de cacique
Cando me falan de España
métome nunha disputa,
se España é miña nai
eu son un fillo de puta.
Suso Vaamonde
cantando con forza repentista na praza da Ferrería en Pontevedra
para un público entregado
nunha época en que o noso idioma
era a mellor arma
de resistencia
contra a inquisición
do estado
Spanish nationalism is based on Catholic fundamentalism, on racism, on machismo, on militarism, on imperialism, on the absolute contempt for any language or culture that is not the official and on belligerence against nations that are part of the Spanish Kingdom.
ENLACE a un blog de Bilbao exclusivamente adicado á poesía galega como espectáculo
http://poesiagalegoaikuskizun.wordpress.com/
Etiquetas:
ananismos,
contrapublicidade,
ecoloxía lingüística,
respostas impertinentes,
videos
19/07/11
CARAMELIÑO PORNONEGOCIO
VIVIR DE MOKA
Carameliño
para listiños
pasados de rosca
pura
bruxaría
quero caer tan baixo
no teu ranquin namoratorio
como me sexa posible
e xa nunca máis me erguer
como non sexa
para darche o finiquito
a pagar en efectivo
o sexo convértese
en pornografía
cando se fai del
un negocio
para non traballar
e así
vivir
do
conto
a conta de
outros
&
que traballen elas
que eu cobro
jijiji/jajaja
&
con pallas cable
fanse
os
palleiros
para acabar dunha vez coas mulleres
sen precedentes
a conta de
outros
&
que traballen elas
que eu cobro
jijiji/jajaja
&
con pallas cable
fanse
os
palleiros
para acabar dunha vez coas mulleres
sen precedentes
05/07/11
Duke Sam (feat. Reveliom do Inframundo) - O equilibrio da balanza
sabio é quen adapta as súas palabras á intelixencia dos seus oíntes
necio ou mexebo quen fala sen saber o que di e opina con ideas alleas
si, non hai que desesperar,
sempre podes dar con deus,
pois el está en todo,
iso se non dás antes
coa mente tóxica dun cabrón
que te submerxa en abismos de deseño
que el che inventa
ignorando exactamente
cal é a súa motivación
e obviando que a súa finalidade
é sempre depredadora.
26/06/11
22/06/11
13/06/11
12/06/11
ALTA CALIDADE / PABLO DE ROKHA
margaridas en infinitivo para ...
quen non quere aprezalas
prender lumieiras con diamantes ( enchelo todo de lixo, volverse tóxico)
devorar de aperitivo as últimas sementes (colaborar no extenuamento e esgotación de todos os recursos dispoñibles)
morder a man de quen che dá de comer ( incapacitarse para dar grazas)
pretender ser deserto sendo oasis ( negar a propia soberanía)
terxiversalo todo para non rendirse á evidencia ( facer o tolo)
alegar ignorancia para eximirse de responsabilidade ( cuestionar mesmo o máis elemental sentido común)
asumir a memez como un mérito ( negarse a medrar)
pretender que as vacas son verdes porque comen herba (publicitar dieta vexetarian sendo deprededor de enerxía allea sen consentimento do outro)
comer merda e dicir que está moi rica ( que che mexen por riba e dicir que chove)
xogar a dar lástima ( pobre de min)
exhibir superpoderes ( pasarse de listo)
maldigo a todos os cabróns que renegan do traballo dos obreiros, dos mariñeiros, dos mineiros e dos labradores, porque da súa suor estamos vivindo todos. maldigo a todos os listiños que van de libertarios e son vampiros da debilidade humana. maldigo a todos os creadores que único que saben facer coa súa enerxía creativa é reproducir a merda tal e como pensan que existe na realidade. maldigo a todos os eunucos que se regodean na desgraza allea en vez de intentar paliala. maldigo a todos os depredadores que aínda porriba van de dieta vexetariana.....que a falta de proteínas vos precipite no inferno de onde nunca debestes ter saído.
![]() |
| manifestación de prostitutas coreanas ata os ovarios da explotación do seu sexo para animar os carallos tetrapléxicos de varóns castrados |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









