SONETO DO AMOR TOTAL
Ámote tanto, meu amor...non cante
o humano corazón con máis verdade...
ámote como amigo e como amante
nunha sempre diversa realidade.
Ámote á fin, dun calmo amor prestante
e ámote alén, presente na saudade
ámote, en fin, con grande liberdade
dentro da eternidade e a cada instante.
Ámote como un bicho, simplemente
dun amor sen misterio e sen virtude
cun desexo macizo e permanente
E de te amar así moito e a miúde
é que un día no teu corpo de repente
hei morrer de amar máis do que puiden
Vinicius de Moraes
http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/12/xiga.html
