Amosando publicacións coa etiqueta pinceladas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pinceladas. Amosar todas as publicacións

23/11/11

Volverán as escuras andoriñas...

Castelao: Cousas
Enlace a unha bitácora adicada exclusivamente a este libriño de Castelao



A SEMANA PÁLIDA


Loira loira
era a muller que despareceu entre os lastros
tan leven que serían tomados por follas
tan grandes que se diría que eran casas


Era lembro ben un luns
día en que o xabrón fai chorar os astrónomos


O martes volvina ver
semellante a un xornal despregado
aboiando ao vento do Olimpo
Despois dun sorriso que fumegou como unha lámpada
saudou a súa irmá a fonte
e voltou ao seu castelo


O mércores espida pálida e cinxida de rosas
pasou como un pano
sen ollar as sombras dos seus semellantes
que se espreguizaban coma o mar


O xoves só vin os seus ollos
signos sempre abertos para todas as catástrofes
Un desapareceu detrás do seu cerebro
o outro enguliuno unha pastilla de xabrón


O venres cando se ama
é o día dos desexos
Pero ela alonxouse berrando
Tilburi tilburi a miña frauta perdeuse
vouna procurar baixo a neve ou o mar


O sábado agardaba por ela cunha raíz na man
disposto a queimar no seu honor
os astros e a noite que dela me afastaban
mais ela perdérase como a frauta
como un día sen amor


E agardei o domingo
pero o domingo non chegou
e fiquei no fondo da cheminea
como unha árbore botada a perder.


BENJAMÍN PÉRET: Le grand jeu


Benjamín Péret, poesía y revolución


21/10/11

VAIA TROPA!

EN POSITIVO

Peter Van Oostzanen



DECÁLOGO PARA EVITAR FABRICAR UNHA MULLER CUN EGO INTELECTUAL HIPERDESENVOLVIDO / HIPERTROFIADO, OU SEXA:




DECÁLOGO PARA FABRICAR UNHA MULLER NORMAL

I. Un proxenitor con poucos nós emocionais. A ser posible sen o nó homosexual.

II. Unha nai que defenda a parella e deixe voar os fillos sen temor.

III. Ambos pais, antes do nacemento, deberán desexar serenamente unha nena.

IV. Poñeranlle un nome de flor, de montaña, de cuncha ou de estrela.

V. Alentarase a creatividade da nena dende moi pequeniña.

VI. Na pubertade será considerada toda unha muller, encomiando e bendicindo os seus cambios físicos.

VII. Aprenderáselle a non temer a menstruación nin a avergoñarse dela. Vai ser a súa mellor arma no futuro.

VIII. Deixaráselle aprender todo aquilo polo que se sinta atraída, sexa o que for.

IX. Observaranse detidamente as súas manifestacións de sensibilidade, emotividade e intuición

X. Faráselle entender a diferenza entre a fame de amor e a fame de coñecemento, de maneira que cando se sinta soa, falta de agarimos e cariño non corra coma unha tola á librería máis próxima ou a matricularse nun curso...senón que se poña a desenvolver a súa creatividade para que o amor do bo veña onda ela de novo




30/06/11

YOSHIRO TACHIBANA







Yoshiro Tachibana é un marabilloso pintor xaponés do cal tiven o privilexio de ver parte da obra a principios dos 80 en Vigo. Por aquela época vivía o pintor en Muxía, nunha contorna atlántica e salvaxe, despois de ter vivido en Alemania, Noruega e Xapón, volve á Costa da Morte onde xa leva vivindo case 40 anos. Hai varios sitios na rede para poder coñecer a súa obra, pero aínda non dei cos cadros de gran formato en tons granates e texturas moi densas que lembro de cando o coñecín. Buscaremos con paciencia. Para saber máis de Tachibana:

percorrido biográfico

páxina oficial

prensa

máis prensa

recreacións

obra


06/06/11

FLOTOTERAPIA





Bailando con golfiños
a pelo
apnea...a capela
moi recomendado para perderse dun mesmo
e encontrarse cos demais
e para adestramento telepático con seres 
infinitamente máis intelexentes ca nós
tamén para a cura do autismo pertinaz
e para facerse bos en xeral
imprescindible 
para facer prácticas 
de sirenismo





11/04/11

QUE REMEDIO!

CEBOLANXA!

1. Indicado para curar as febres intermitentes
2. Consúmase con pel e todo
3. Para que faga o efecto desexado, fálese primeiro co híbrido, pedíndolle desculpas por facelo mudar tan bruscamente de estado. Consóleo asegurándolle que se vai atopar moi a gusto no novo arganismo que está a piques de devoralo.
4. Consuma este producto sentado, pois é de sobra coñecido o efecto hipotensor da cebola en organismos pouco acostumados. A combinación coa laranxa non mitiga o risco de patatús.
5. Efectos secundarios: descoñecidos. Se alguén nota algo raro, póñase en contacto.
6. O producto carece de data de caducidade. Durará ,correctamente pechado, bastante máis que unha historia de amor normal entre humanos limitados.
7. Unha vez aberto procédase ao seu consumo inmediato. Os aceites etéreos volatilízanse ao momento e o resto de nutrintes non tardan en oxidarse.
8. Se lle vai ben, recoméndeo ás súas máis fieles amizades.
9. Este producto non estará ao seu dispór á venda en ningún supermercado


BOA NOITE, E BOA SORTE!

08/03/11

HAI QUE TER VALOR!


O VALOR DO RISCO


“Rir é arriscarte a parecer parvo.
Chorar é arriscarte a parecer sentimental.
Alongar o brazo para agarrar ao outro é arriscarte a implicarte.
Exponer as túas ideas ou soños ante unha multitude é arriscarte a perdelos.
Amar é arriscarte a non ser correspondido.
Vivir é arriscarte a morrer.
Ter esperanzas é arriscarte a perdelas.
Pero cómpre correr riscos.
Porque o maior perigo na vida é non arriscar nada.
Se no fas nada, se non arriscas nada,  a túa existencia escurécese.
É probable que deste modo evites sufrimentos, pero no vas  aprender, sentir,  cambiar, ou amar nin  vivir.
Encadeado a unha actitude de medo, un convértese en escravo… e perde a súa liberdade.
 Só es libre se arriscas.”
Alex Rovira


pendurado do céo
Fotografía de Juan Louro


07/03/11

UN MOMENTO

orquídea salvaxe






Luz das flores

Abro a palma da man
E cando a poño debaixo dunha flor
A sombra da súa luz proxéctase en mil cores

Sen querelo imaxino a luz daquela flor
Que vin no Xardín Secreto
Hai uns días

Esa
claridade,
eses
tons
estanse
amando
con
paixón
na
palma
da
miña
man

SANGBYONG CHON
1930-1993
Corea



04/03/11

MICRÓNS DE VERDADE


recitaba María Sabina

07/02/11

NUBEMENTAL.........FUGA



Nubemental………fuga

Unha gran nube mental entroume hoxe na casa
Xúroche que non sei como foi
Unha densa poeira mental entrou e invadiu a miña casa e cando a respirei…buf, que colocón!.....chegoume ata a alma


Falei suplicante coa aspiradora
Díxome que non, que ela non estaba deseñada para aspirar esa porcallada
A moi cabuxa díxome que falase coa vasoira!


Entón decidín falar directamente coa miña mente
Pregunteille se tiña algún dispositivo intelectual
Para proceder a unha autoaspiración
A mente estaba colapsada
Non podía aspirar a nada
Non me dixo si nin non
Nin se lle parecía unha medida urxente
Non en van o que chegara ata ela era unha nube mental




Entón deitei na miña cama
A nube mental perseguíame
Ao tempo que todo o inundaba
Inútil pechar a porta
Inútil abrir fiestras e persianas
A nube non era de moscas
Viñera para quedar mentres non houber algo que a puidese aspirar…..

Daquela, como actuar?

Decidín, iluminada, empezar a amasala
Facer dela unha bóla compacta
Unha bóla con forma de bala
Para poder moldeala nas mans
Moi a modiño, moi de vagar

Para que a quixen transformar?
Para guindala con forza…para arrebolala…
Contra o cristal da ventá
Da torre onde agardan
Rabaños de bicos cautivos de nós
A liscar en desbandada.



20/01/11

VIAXE REAL

lety no país das marabillas



 VIAXE REAL



Lety vai de viaxe…lonxe…moi lonxe…ela soíña
Ignora cal é o medio
Ignora tamén o medo ao descoñecido

Chega a un lugar onde nunca estivo pero familiar, amigable e acolledor
Séntese ben recibida
É tratada con naturalidade
Iso agradéceo

Está no obradoiro dun orfebre, dun xoieiro, dun alfaiate
Que se adica a engastar xemas partindo da pedra bruta
Lety admira as pedras aínda sen pulir nin tallar
Colle nas súas augustas e aristocráticas mans unha especie de cuarzo rosa, é unha lasca grande
O alfaiate amósalle algunha das súas obras: pendentes, anelos, colgantes
Dille que escolla unha, que quere agasallala
Lety escolle unha bolboretiñas brillantes dun material semellante á mica ou á nácara
Son uns pendentes; non quere poñelos aínda, gárdaos nun peto do pantalón estilo xornalista de guerra

O xoieiro déixaa soa no obradoiro un momento…
Lety, curiosa, aproveita para botar un vistazo
Atopa uns enormes pendentes de prata finamente labrada con todo tipo de arabescos
Facendo un xesto mecánico e espontáneo garda un no peto
Parece non ser  consciente de que iso é incorrecto
Está roubando ao seu hospitalario anfitrión sen remorso ningún
Despois procede a apropiarse doutras alfaias coa naturalidade dunha expropiación forzosa sen manifestacións en contra
Sae do obradoiro

Lety accede á vivenda
Hai un neno metido dentro dun disfraz de bufón
Xoga con el
O neno ri e troulea con ela
Vén o pai do neno, o orfebre,
Nota que o neno súa e axúdao a quitarlle o disfraz que o está cocendo vivo
 Cando rematan a faena o home faille saber que anda buscando un gran pendente de prata
Lety adiviña que é o que ten ela no peto
Sácao e devólvollo así como o resto das xoias substraídas

Moi lonxe de botala a patadas
O home bótase a rir e aseguralle que pode coller o que queira
Non quero nada, dille Lety arrepentida . Rógolle que me perdoe
O home envólvea nunha aperta fraternal e amorosa mentres lle pregunta polas bolboretiñas brillantes de mica rosa
Busca nos petos e non están. Perdeunas.


Entra o resto da familia
Póñense a facer de comer
Todos, incluída a cronista,  temos fame

Lety acorda
Dáse conta que xa está de regreso do país
Do perdón e a xenerosidade.

Era un soño…claro! Que había ser senón un soño…


cabaliño do demo facéndolle un comentario a unha folla de abeleira sobre o bochorno que debeu sentir Lety

14/01/11

O ESCOLAR PREGUICEIRO

          
           http://www.culturaenmovimiento.cl/mambo/index.php?option=com_content&task=view&id=601


O ESCOLAR PREGUICEIRO

Di que non coa cabeza
pero di que si co corazón
di que si ao que quere
di non ao profesor
está de pé
interrógano
plantéxanlle todos os problemas
de súpeto escacha a rir a gargalladas
e borra todo
os números e as palabras
os datos e os nomes
as frases e as trampas
e sen coidarse da furia do mestre
nin dos chíos dos nenos prodixios
con xices de todas as cores
sobre o pizarrón do infortunio
debuxa o rostro da felicidade.

Jacques Prévert
Paroles (1945)

http://listen.grooveshark.com/s/La+Escuela+Del+Calor/FsAiy












NUBE QUE SE FORMOU COS EFLUVIOS  XERADOS MENTALMENTE POLOS DESTINATARIOS DA PROBA


GATO: ui.......que fácil! Despois a ver como baixo. Xa me apañarei, hoxe estou inspirado.

ELEFANTE: Pobre árbore! Non sabe a que está a piques de caerlle enriba.

FOCA: Eu paso! Plas, plas, plas.

CANCIÑO QUE PARECE ESTAR DETRÁS DA FOCA: guau...guau...guau... a min como non me poña un chourizo no alto vaime fallar a motivación.

CARACOL: bis...bis...bis...Canto dura a proba? Pode un usar o tempo do recreo? Pódese vir pola tarde para rematala?

PEIXE: glub...glub...glub...marcho coa foca en canto ela entregue en branco, a este tío patínanlle os cigueñais!

MACACO: hi...hi...hi...chupao! E para isto mateime eu a estudar tanto? Que falta de imaxinación!

PARRULO: cua...cua...cua...Menos mal que conservo instintos salvaxes! Collendo carreiriña posiblemente o consiga. Como chegue arriba...emigro!

RA-SAPO-BATRACIO: uorc...uorc...uorc...probas a min! Profe, non entendo a proba, podíame facer unha demostración?


http://amarellesbravos.blogspot.com/2011/01/another-brick-in-wall.html


http://planocreativo.wordpress.com/2010/05/16/vemos-que-la-escuela-de-hoy-en-nuestra-cultura-hace-del-aprendizaje-una-cuestion-cuantitativa-%c2%bfse-le-da-demasiada-importancia-a-las-calificaciones/

10/01/11

MALAIKA ( My Angel)


Malaika, nakupenda Malaika
Malaika, nakupenda Malaika
Ningekuoa mali we, ningekuoa dada
Nashindwa na mali sina we, Ningekuoa Malaika
Nashindwa na mali sina we, Ningekuoa Malaika

Pesa zasumbua roho yangu
Pesa zasumbua roho yangu
Nami nifanyeje, kijana mwenzio
Nashindwa na mali sina we Ningekuoa Malaika
Nashindwa na mali sina we Ningekuoa Malaika

Kidege, hukuwaza kidege
Kidege, hukuwaza kidege
Ningekuoa mali we, ningekuoa dada
Nashindwa na mali sina, we Ningekuoa Malaika
Nashindwa na mali sina, we Ningekuoa Malaika

Malaika, nakupenda Malaika
Malaika, nakupenda Malaika
Ningekuoa mali we, ngekuoa dada
Nashindwa na mali sina we, Ningekuoa Malaika
Nashindwa na mali sina we, Ningekuoa Malaika
Letras: Malaika (my Angel) Miriam Makeba [final]
[Más Letras en http://es.mp3lyrics.org/brS]

http://listen.grooveshark.com/s/Malaika+duet+/2CrEM3

Miriam Makeba(1932-2008) casada co líder dos Panteras Negras( Stokely Carmichael,  1941-1998) foron ámbolos dous expulsados dos EEUU , despois de seren acosados e acusados polo FBI, polo seu activismo político a favor dos dereitos da poboación negra.

31/12/10

BENVIDO 2011. QUE PASEN TODOS OS GATOS!

Poema colectivo de arte menor

HIMNO PARA A CHEGADA DO 2011

                                                                              1
Erguede as vosas mans
amosádeas baleiras                 
ensinade a vosa paz
sen armas defendédea
2
Xogade ao respecto
xogade a ser sinceros
xogade a non ter medo
3
O amor é movemento
este é o mellor momento
4
Loitamos por un mundo novo
loitamos por un mundo antigo
polo ben de cada ser vivo
5
Liberdade de aprender
liberdade de saber
para poder escoller
6
Escoller o que comer
escoller o que poñer
como vivir escoller
7
Alzade as mans, galegos,
alzade tamén o berro
ergamos o sentimento
non cometamos máis erros
8
Loitade, irmáns, loitade
a violencia é unha fogueira
chamas de desigualdade
queimando a túa caveira
9
Só hai desesperación
con violencia na rúa
a guerra non é solución
non che caiba a menor dúbida
10
Labradores do campo
deixade o gran medrar
apañade os fouciños
que hoxe saímos ceifar
11
A nosa liberdade
de ouro hase voltar
sacharemos a terra
farémola agromar
12
Xa imos escorrentar
aqueles que o merecen
botaremos de aquí
quen nos queira explotar
13
Berraremos dende os ríos
dende os máis lonxanos mares
dende as praias, dende os montes
ata as vilas e as cidades
14
O mundo nunca foi noso
os ventos xa estaban antes
os peixes e máis as aves
non destrúen os seus lares
15
A terra xa está morrendo
os seus fillos son suicidas
evitemos que os netos
respiren máis pesticidas
16
Aínda estamos a tempo
de mudar comportamentos
de facer que este mundo
non se volva un cemiterio
17
Ten que haber algún lugar
moi dentro do corazón
en que a paz estea a brillar
máis que unha explosión
18
Polo camiño da paz
nacerá unha nación
para toda a humanidá
será a nación do perdón
19
Xa é tempo de limpar
e enxoitarmos os choros
seremos todos irmáns
na alegría dos poros
20
Queridos nenos e vellos
queridos, queridos todos
hoxe é o noso futuro
dirixídeo a modo
21
Todo home é unha árbore
moi dereitiña a medrar
non queremos que se torza
a árbore do mañán
22
Dime cantos anos tes
e direiche como es...
os mozos sonche de pais
que colleitan o poder
de mudar, mudar, mudar
para todo acontecer


28/12/10

CRISTO BAIXOU


CRISTO BAIXOU

Cristo baixou
da súa árbore espida
este ano
e fuxiu onde
non houber árbores de nadal arrincadas

Cristo baixou
da súa árbore espida
e fuxiu onde
non houber árbores de nadal douradas
nin árbores de nadal prateadas
nin árbores de nadal de papel de estano
nin árbores de nadal de plástico rosado
nin árbores de nadal de ouro
nin árbores de nadal negros
nin árbores de nadal celestes
adornados con veliñas eléctricas de lata
e tíos pesados e pagados de si mesmos.

Cristo baixou
da súa árbore espida
este ano
e fuxiu onde
ningún intrépido vendedor ambulante de Biblias
percorrese os países
nun cadillac a dúas cores
e onde ningún nacemento de Sears Roebuck
completo con neno de plástico e pesebre
chegase por correo certificado
o neno con entrega inmediata
e onde os Magos de TV
non loubasen o Wisqui Lord Calvert.

Cristo baixou
da súa árbore espida
este ano 
e fuxiu onde
ningún gordo descoñecido e miña xoia
vestido de franela vermella
con barba de mentira
camiñase facéndose pasar
por unha especie de Santo do Polo Norte
a través do deserto de Belén Pennsylvania
nun trineo Volkswagen
tirado por renos brincadeiros de Adirondack
con nomes alemáns
e cargados de sacos de Humildes Agasallos
de Sacks da Quinta Avenida
para o Neno Deus que cada quen imaxina.

Cristo baixou 
da súa árbore espida
este ano
e fuxiu onde
os cantadores de panxoliñas de Bing Crosby
non choromicasen que a Noiteboa é fría
e os anxos de radio City
non patinasen sen ás
nun país de marabillas todo nevado
entrando nun céo de ledas campaíñas
diariamente ás 8:30
con Matinés da Misa do Galo

Cristo baixou
da súa árbore espida
este ano 
e procurou acubillo silenciosamente no
ventre dunha anónima María de novo
onde na noite escura
da alma anónima de cadaquén
el agarda outra volta
unha inimaxinable
e imposible
inmaculada Reconcepción
a máis louca
das segundas Boas Novas

Lawrence Ferlinghetti