nº 0, soto, teléf. inalámbrico e innumérico. Faga o seu pedido por vía telepática.
1º Prato (non encha):
a) propostas variadas freelance para tatamudos perplexos
b) corasóns de melóns acompañados das súas tías
c) xoubas anoréxicas á prancha
d) cremalleiras avariadas con salsa de coplas bárbaras
2º Prato ( modérese)
a) muslos de poesía cariada con elexías frixidas a la muerte de su amada
b) alunizacións variadas con sal de miseria pa todos estilo la capital
c) fonambulistas en acción caendo en picado dende o subcociente
d) aeroliñas en eclosión antes de seren abortadas
e) pirulís en escabeche picante con pementos de Padrón da clandestinidade
f) caldeirada de rubio americano ( prato recomendado para racistas, xenófobos e machistas pelados)
3º Prato ( aquí pode despacharse a gusto se aínda ten fome)
a) beirarrúas desérticas de xornada laboral e lectiva
b) insectos migratorios en forma de nube compacta
c) ancas de ra extinguida
d) media man catatónica da amada con zumo de pato á laranxa
Acompañamentos ( a escoller)
- ensalada de edras asasinas
- arponazos nas súas partes estratéxicas
- xenes selectos
- pegamento de cola de cabalo marca: alacola
- ideas conxeladas en granizado de pizza parlamentaria
- pelos das trenzas de Pipi
- chupikaramelos
Postres ( só se pode pedir un)
- Puré de rosas vermellas
- suspiros de pingüín en apuros
- bombiñas de tempo sen pel
- batido de ollos de piollo
- xeado de amorumor
- espasmo petrificado
Para beber: Cubiños de xeo de xudre sometidos a alta presión atmosférica.
Nota para clientes despistadiños: non se inclúen os prezos porque estamos seguras que ninguén de vostedes podería pagalos. Isto só está ao alcance da jet. Oh yea!
| por aquí...por aquí Vigo vivo AQUÍ crónicas da manifa e AQUÍ |
2 comentarios:
Vaia punto que che deu, salvaxe de vez. Que pasou? non tiñas pan cando chegaches da manifa? Ou deches con alguén que viña de volta e media que che espertou instintos asasinos?
Como din os vellos: "comer non comiamos pero rir riabamos que nos matabamos"
Debeu ser iso, si. Ganiña dun bocata. Cheguei esfameada. Vémonos o venres no MARCO. Lembra que temos que propoñer máis sesións de repentismo galaico improvisado. Ah! e trae a ghaita! hai que meter ruído festeiro se non aínda han pensar que somos os da contribusión. Que non te amarguen, tío.
Publicar un comentario